André Gide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'
Nobel prize medal.svg
André Gide'
Gide 1893.jpg
André Gide en 1893
Datos persoais
Nacemento 19 de novembro de 1869
Lugar París Flag of France.svg Francia
Falecemento 19 de febreiro de 1951
Lugar París Flag of France.svg Francia
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe María Van Rysselberghe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Francesa
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Ficción
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
André Gide signature.svg
{{{web}}}

{{{notas}}}

André Paul Guillaume Gide, nado en París o 22 de novembro de 1869 e finado na mesma cidade o 19 de febreiro de 1951, foi un escritor francés, defensor dos dereitos dos homosexuais. Foi recoñecido co Premio Nobel de Literatura en 1947.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Paul Gide, profesor en leis da Universidade de París, falecido en 1880. Seu tío foi o economista político Charles Gide. Criado en Normandía, con problemas de saúde e vivindo practicamente illado, converteuse desde novo nun escritor prolífico. En 1895, logo da morte de súa nai Juliette Rondeaux, casou coa súa curmá Madeleine Rondeaux, pero o matrimonio nunca foi consumado.

En 1891 publicou as súas primeiras poesías, Les Cahiers d'André Walter. En 1893 e 1894 viaxou polo norte de África. Fíxose amigo de Oscar Wilde en Alxeria e posteriormente comezou a recoñecer a súa orientación homosexual. En 1896 foi elixido alcalde de La Roque-Baignard, en Normandía.

En 1897 publicou Les nourritures terrestres, en 1899 Le Prométhée mal enchaîné, e en 1900 Lettres à Angèle. En 1908 colaborou na revista literaria La Nouvelle Revue Française.

As súas obras non comezaron a acadar éxito até rematada a Primeira Guerra Mundial.

Na década de 1920 Gide converteuse en inspiración de escritores como Albert Camus e Jean-Paul Sartre. En 1923 publicou un libro de Fiódor Dostoievski, pero tras defender a homosexualidade nunha edición de Corydon en 1924, comezou a recibir máis críticas. Máis tarde, el mesmo considerou que esa fora a súa mellor obra.

En 1923 naceu a súa filla Catherine, froito da súa relación con María Van Rysselberghe. A súa esposa Madeleine faleceu en 1938. Posteriormente utilizou o transfundo do matrimonio non consumado na novela Et nunc manet in te, de 1951.

A partir de 1925 comezou a pedir mellores condicións para os criminais, e ao ano seguinte publicou a autobiografía Si le grain ne meurt.

Entre xullo de 1926 e maio de 1927 viaxou ás colonias francesas en África co seu sobriño Marc Allégret. Estivo na actual República do Congo, en Oubangui-Chari (actual República Centroafricana), Chad e Camerún. Relatou as viaxes en dous diarios, que titulou Voyage au Congo e Le Retour du Tchad. Neses relatos criticaba o comportamento dos intereses económicos franceses no Congo, e inspirou unha reforma. Particularmente criticaba o réxime de grandes concesións. Este réxime acordaba cal parte da colonia se concedía ás empresas francesas e en que zona se podían explotar os recursos naturais, principalmente o caucho. Relatou o modo en que os nativos foron forzados a deixar as aldeas natais durante varias semanas para recolectar caucho no bosque, comparando esta explotación coa escravitude.

Durante a década de 1930 tivo unha etapa comunista, pero quedou desilusionado trala súa visita á Unión Soviética. As súas críticas ao comunismo levárono á perda da amizade que tiña con varios amigos socialistas, especialmente trala publicación do seu libro Retour de l'U.R.S.S. en 1936. En 1933 colaborou con Ígor Stravinski no ballet Persephone.

En 1942, durante a Segunda Guerra Mundial, regresou a África, onde viviu até a fin da guerra. En 1947 foille concedido o Premio Nobel de Literatura.

Faleceu en 1951, e ao ano seguinte a Igrexa Católica incluíu as súas obras no Index Librorum Prohibitorum[1].

Obra[editar | editar a fonte]

  • Les Cahiers d'André Walter, L'Art indépendant, 1891.
  • Le Traité du Narcisse, L'Art indépendant, 1891.
  • Les Poésies d'André Walter, L'Art indépendant, 1892.
  • Le Voyage d'Urien, L'Art indépendant, 1893.
  • La Tentative amoureuse, L'Art indépendant, 1893.
  • Paludes, L'Art indépendant, 1895.
  • Réflexions sur quelques points de littérature et de morale, Mercure de France, 1897.
  • Les nourritures terrestres, Mercure de France, 1897.
    • Os alimentos terrestres e os novos alimentos, Laiovento, 2008 (Tradución de Suso Pensado)
  • Feuilles de route 1895-1896, SLND, (Bruxelas), 1897.
  • Le Prométhée mal enchaîné, Mercure de France, 1899.
  • Philoctète. El Hadj, Mercure de France, 1899.
  • Lettres à Angèle, Mercure de France, 1900.
  • De l'Influence en Littérature, L'Ermitage, 1900.
  • Le Roi Candaule, La Revue Blanche, 1901.
  • Les Limites de l'Art, L'Ermitage, 1901.
  • L'Immoraliste, Mercure de France, 1902.
  • Saül, Mercure de France, 1903.
  • De l'Importance du Public, L'Ermitage, 1903.
  • Prétextes, Mercure de France, 1903.
  • Amyntas, Mercure de France, 1906.
  • Le Retour de l'Enfant prodigue, Vers et Prose, 1907.
  • Dostoïevsky d'après sa correspondance, Jean et Berger, 1908.
  • La Porte étroite, Mercure de France, 1909.
  • Oscar Wilde, Mercure de France, 1910.
  • Nouveaux Prétextes, Mercure de France, 1911.
  • 'Charles-Louis Philippe, Figuière, 1911.
  • C.R.D.N., 1911 (tiraxe privada de 12 exemplares).
  • Isabelle, NRF, 1911.
  • Bethsabé, L'Occident, 1912.
  • Souvenirs de la Cour d'Assises, NRF, 1914.
  • Les Caves du Vatican, NRF, 1914.
  • La Symphonie pastorale, NRF, 1919.
    • A Sinfonía Pastoral, Xerais de Galicia, 2005 (Tradución de Leandro García Bugarín)
  • Corydon, 1920 (tiraxe privada de 21 exemplares).
  • Morceaux choisis, NRF, 1921.
  • Pages choisies, Crès, 1921.
  • Numquid et tu... ?, SLND [Bruges, 1922].
  • Dostoïevsky, Plon, 1923.
  • Incidences, NRF, 1924.
  • Corydon, NRF, 1924.
  • Caractères, La Porte étroite, 1925.
  • Les Faux-monnayeurs, NRF, 1925.
  • Si le grain ne meurt, NRF, 1926.
  • Le Journal des Faux-Monnayeurs, Éos, 1926.
  • Dindiki, 1927.
  • Voyage au Congo, NRF, 1927.
  • Le Retour du Tchad, NRF, 1928.
  • L'École des femmes, NRF, 1929.
  • Essai sur Montaigne, Schiffrin, 1929.
  • Un Esprit non prévenu, Kra, 1929.
  • Robert, NRF, 1930.
  • La Séquestrée de Poitiers, Gallimard, 1930.
  • L'Affaire Redureau, Gallimard, 1930.
  • Œdipe, Schiffrin, Éditions de la Pléiade, 1931.
  • Divers, Gallimard, 1931.
  • Perséphone, Gallimard, 1934.
  • Pages de Journal 1929-1932, Gallimard, 1934.
  • Les Nouvelles Nourritures, Gallimard, 1935.
  • Nouvelles Pages de Journal 1932-1935, Gallimard, 1936.
  • Geneviève, Gallimard, 1936.
  • Retour de l'U.R.S.S., Gallimard, 1936.
  • Retouches à mon Retour de l'U.R.S.S., Gallimard, 1937.
  • Notes sur Chopin, Revue Internationale de Musique, 1938.
  • Journal 1889-1939, NRF, 1939.
  • Découvrons Henri Michaux, Gallimard, 1941.
  • Théâtre : Saül, Le Roi Candaule, Œdipe, Perséphone, Le Treizième Arbre, Gallimard, 1942.
  • Interviews imaginaires, Éd. du Haut-Pays, 1943.
  • Pages de Journal 1939-1942, Schiffrin, 1944.
  • Thésée, New York : Pantheon Books, J. Schiffrin, 1946. Gallimard, 1946
  • Souvenirs littéraires et problèmes actuels, Les Lettres Françaises, 1946.
  • Le Retour, Ides et Calendes, 1946.
  • Paul Valéry, Domat, 1947.
  • Poétique, Ides et Calendes, 1947.
  • Le Procès, Gallimard, 1947.
  • L'Arbitraire, Le Palimugre, 1947.
  • Préfaces, Ides et Calendes, 1948.
  • Rencontres, Ides et Calendes, 1948.
  • Les Caves du Vatican, Ides et Calendes, 1948.
  • Éloges, Ides et Calendes, 1948.
  • Robert ou l'Intérêt général, Ides et Calendes, 1949.
  • Feuillets d'automne, Mercure de France, 1949.
  • Anthologie de la poésie française, NRF, 1949.
  • Journal 1942-1949, Gallimard, 1950.
  • Littérature engagée, Gallimard, 1950.
  • Égypte 1939, SLND [Paris, 1951].
  • Et nunc manet in te, Ides et Calendes, 1951
  • Ainsi soit-il ou Les Jeux sont faits Gallimard, 1952.
  • Le Récit de Michel, Ides et Calendes, 1972.
  • À Naples, Fata Morgana, 1993.
  • Le Grincheux, Fata Morgana, 1993.
  • L'Oroscope ou Nul n'évite sa destinée, Jean-Michel Place, 1995.
  • Isabelle (con Pierre Herbart), Lettres Modernes, 1996.
  • Le Ramier, Gallimard, 2002.
  • Maurice Denis e André Gide, Correspondance (1892-1945), éd. P. Masson et C. Schäffer, Gallimard, 2006.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: André Gide