Federico Fellini
| Federico Fellini | |
|---|---|
Federico Fellini |
|
| Nacemento | 20 de xaneiro de 1920 Rimini (Italia) |
| Falecemento | 31 de outubro de 1993 Roma (Italia) |
| Profesión | Director de cine |
| Ficha na IMDb | |
Federico Fellini, nado en Rimini o 20 de xaneiro de 1920 e finado en Roma o 31 de outubro de 1993, foi un director de cine italiano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezos [editar]
Fellini pasou a súa infancia en Rimini, estudando primeiro nun colexio de monxas pasando logo a un público, as vacacións de verán pasábaas en Gambettola, onde vivía a familia da súa nai. Gustáballe debuxar en en 1937 apareceron publicadas unhas caricaturas súas nunha publicación local da balilla en Rímini [1] que tiveron éxito e cun amigo montou unha tenda de retratos na cidade. Viviu durante un breve período de tempo en Florencia antes de se asentar ano 1939 en Roma, cidade na que traballaría como xornalista, escritor e debuxante. A data clave na súa relación co cine foi no ano 1944, cando coñeceu ó director Roberto Rosselini, un dos máis importantes directores do neorrealismo italiano. Colaborou como guionista con Rosselini en Roma, cittá aperta (1945).
Actividade [editar]
No 1951 estreouse como director codirixindo xunto con Alberto Lattuada, o filme Luces de variedades (1951), e en solitario co filme O xeque branco (1952). Gañou o seu primeiro premio co filme Os inútiles (1953) na Mostra de Venecia. Cos seus seguintes filmes, La Strada (1954) e As noites de Cabiria (1956), protagonizadas pola súa muller, Giuletta Massina, acadarían sendos óscars de Hollywood ó mellor filme estranxeiro nos anos 1957 e 1958. O seu seguinte filme, La dolce vita (1960) foi un importante éxito comercial e o comezo da colaboración co actor Marcello Mastroianni, habitual nos seus filmes a partir de entón, o que lle permitiu desprenderse da súa herencia neorrealista. Oito e medio (1963) marcou ó comezo da segunda etapa do cine de Fellini, marcado por unha exuberante fantasía e barroquismo, cun humor de trazos surrealistas. Giulletta dos espíritos (1965) orixinou certa polémica, que se repitiría noutros filmes como Roma (1972), sobre todo pola ironía ca que trata á sociedade italiana, especialmente á igrexa. Con Amarcord (1973), Fellini volveu á adolescencia do seu Rímini natal.
Últimos anos [editar]
Os seus últimos traballos, entre os que destacan Ensaio de orquestra (1978), A cidade das mulleres (1980), E a nave vaise (1983), Ginger e Fred (1985) e Entrevista (1988), mostran o seu desgusto diante de certos aspectos do mundo moderno. En 1993 recibiu o seu quinto óscar ó conxunto da súa carreira.
Notas [editar]
- ↑ Tullio Kezich Federico Fellini (2007), páx. 12