Pitchfork Media

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pitchfork Media, coñecida normalmente como Pitchfork ou P4k, é unha publicación diaria de internet baseada en Chicago creada en 1995 dedicada á crítica e os comentarios musicais, a noticias do mundo da música e a entrevistas a artistas. Céntrase na música independente e underground, especialmente no indie rock. Porén o seu abano exténdese á electrónica, pop, hip hop, dance, folk, jazz, metal e música experimental.

A web céntrase na música nova, pero os xornalistas de Pitchfork tamén realizan reseñas de re-edicións de álbums e box sets. A páxina tamén ten publicado listas de mellores álbums e cancións por décadas, ademais de realizar unha lista anual cos mellores disco e sinxelos dese ano.

Actualmente Pitchfork ten unha audiencia duns 240.000 lectores diarios, e máis de 1,5 millóns de visitantes únicos por mes, sendo a publicación musical online adicada á música independente máis popular.

Historia[editar | editar a fonte]

A finais de 1995, Ryan Schreiber, entón acabado de saír do instituto, creou Pitchfork en Minneapolis, Minnesota. Influenciado por fancines locais e a emisora de radio da universidade, a KUOM, Schreiber, que non tiña experiencia previa escribindo, lanzouse a proporcionar a internet un recurso actualizado regularmente para a música independente. Nun principio levou o nome de Turntable, e a páxina foi orixinalmente actualizada mensualmente con entrevistas e reseñas. En maio de 1996 o sitio comezou a publicar diariamente, e fo renomeada como "Pitchfork", unha referencia á tatuaxe de Tony Montana na película de 1983 Scarface.

A comezos de 1999, Schreiber deixou Minneapolis e mudouse a Chicago, Illinois. Cara entón, a páxina expandírase a catro reseñas de álbums diarias, ademais de entrevistas, columnas e artigos esporádicos. Tamén comezou a gañar seguimento, tanto pola súa extensa cobertura da música underground como polo seu estilo de escritura. En outubro dese ano o sitio engadíu unha sección diaria de noticias musicais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]