Rock and roll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rock 'n roll
Orixes do estilo: blues, country, rhythm and blues, R&B, gospel
Orixes culturais: anos 40-50 en Nova Orleans, St Louis, Boston, Texas nos Estados Unidos
Instrumentos típicos: guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, batería, piano
Popularidade: Alta en todo o mundo, desde a súa orixe.
Derivados: Música rock, rockabilly, pop
Elvis Presley

O rock and roll ou rock'n'roll é un xénero musical orixinado na década de 1950, a partir do chamado rhythm and blues, música negra estadounidense.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As diferenzas do Rock coas músicas das que provén, (Country e Blues, son mais de énfase e de actitude que puramente musicais. A finais dos corenta comezaron a aparecer fusións entre os dous estilos, "Moving all over" (Hank Williams, 1947) e "Rocket 88" (Jackie Brenston, 1951) poden ser consideradas mostras seminais de Rock, pero até que aparece a rebelión xuvenil, os tupés e o sexo entre adolescentes, a poder ser no asento traseiro dun automóbil, non se pode falar de Rock.

Por primeira vez os mozos non querían levar a vida dos seus pais e facían desta diferenza unha cuestión cultural, o rock canalizouna, deulle nome, serviulle de trilla sonora e moito mais que é difícil de comprender hoxe. Como ben dixo John Lennon, antes de Elvis Presley non habia nada. A continuidade vese tamén en que a formación clásica do rock é aquela do Blues eléctrico de Chicago da que evoluiu principalmente: Voz, duas guitarras, baixo e batería. Pese a tantas cousas en común non se pode falar do rock como un blues tocado por brancos, ao blues faltáballe o caráter explosivo e as gañas de viver que transmiten desde os primeiros discos de Rockabilly até os Sex Pistols.

A partir de 1955 houbo unha explosión que abaneou os Estados Unidos, o rock invadiou as emisoras, os cines, as salas de baile e indignou á sociedade benpensante que contraatacou co escándalo Payola. A era do rock acabou en 1959, coa morte de Buddy Holly, Chuck Berry, Bo Diddley no caldeiro e Elvis facendo a mili en Alemaña, haberia que agardar a que a semente prendese en Inglaterra e voltase no 1964 en forma de British Invasion para que o rock se convertese na plétora de variedades musicais co que o asociamos hoxe.
A invasión significou moitas cousas, desde unha volta ás raices negras do rock até unha ampliación da súa base social e unha dignificación como forma artística, despois de discos como o "Revolver" dos Beatles ou o "Pet Sounds" dos Beach Boys o rock transcendeu o seu carácter de revolta xuvenil. Os setenta viron a disgregación da até entón sólida comunidade, por un lado os "dinosauros" (superbandas que facían tours interminábeis e tiñan un grande éxito repetindo o que fixeran nos sesenta )e o Rock sinfónico, por outro a música disco criaron un ambiente para a revolución do punk, que se musicalmente era un regreso á primitiva agresividade e imediatez do R'n'R, estética e politicamente significou unha ruptura que acentou a división existente: un punk odiaba a un fan do rock comercial, nunha dicotomía que ainda se mantén.