Karl Gjellerup

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Karl Gjellerup
Karl Gjellerup
Karl Gjellerup, en torno a 1890
Nacemento: 2 de xuño de 1857
Roholte Dinamarca Dinamarca
Falecemento: 13 de outubro de 1919 (62 anos)
Klotzsche Alemaña Alemaña
Lingua: Alemá
Danesa
Xénero(s): Novela, teatro

Karl Adolph Gjellerup, nado en Roholte o 2 de xuño de 1857 e finado en Klotzsche o 13 de outubro de 1919, foi un dramaturgo e novelista danés.

Biografía [editar]

Iniciou os seus estudos, pero abandonounos, se cadra sendo influído polo crítico literario danés Georg Morris Brandes.

A partir de 1892 viviu en Alemaña onde escribiu varias obras en alemán.

As súas primeiras novelas, Ung Dansk (Mozo danés, 1879) e Germanernes Laerling (Discípulo dos teutóns, 1882), eran consideradas autobiográficas e acusaban a influencia do determinismo crítico de Brandes. A súa traxedia lírica Brynhild (1884) foi a que indicou o principio dunha etapa de produción dramática. A esta seguiron varias obras con temas revolucionarios, como St. Just (1886), Thamyris (1887) e as comedias Herman Vandel (1891) e Wuthorn (1893).

Nas súas últimas novelas, como Pilgrimen Kamanita (O peregrino kamanita, 1906), vese a súa forte atracción pola cultura alemá, onde aborda amplamente o misticismo oriental.

En 1917, xunto a Henrik Pontoppidan, gañou o premio Nobel de Literatura, o cal foi outorgado en recoñecemento da súa «variada e rica poesía inspirada en altos ideais».

Obra seleccionada [editar]