Bardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie sobre
Mitoloxía celta
Coventina

Politeísmo celta
Deuses celtas

Antiga relixión celta

Druídas · Bardos · Vates
Relixión de Britania na Idade de Ferro
Trazos da relixión celta
Relixión galorromana
Relixión romanobritánica
Relixión na Gallaecia

Mitoloxía irlandesa

Tuatha Dé Danann
Ciclo mitolóxico
Ciclo do Ulster
Ciclo de Finn
Immrama · Echtrae

Mitoloxía galesa

Mabinogion · Taliesin
Cad Goddeu
Trioedd Ynys Prydein

Ver tamén

Celtas · Galia
Galacia · Celtiberos
Galaicos · Bretóns
Historia de Irlanda
Historia de Escocia
Historia de Gales

Índice de artigos relacionados

Entre os antigos celtas, un bardo (do celta *bardos, do PIE *gwerH2 e a través do latín bardus "erguer a voz, louvar") era unha especie de poeta oficial cuxa misión era celebrar os grandes feitos nacionais, especialmente as accións heroicas e as vitorias.

Os bardos da Galia (bardos), Bretaña (barz ou barth) e a Gran Bretaña (bard) constituían unha clase social con privilexios especiais. Continuou a existir en Irlanda (bard) e Escocia, onde na época medieval eran músicos itinerantes, empregados ás veces por un señor para o que compuñan euloxios (ou sátiras, chegado o caso). Hoxe só se pode falar de bardos propiamente en Gales, onde reviviron a raíz de xogos florais, coñecidos como Eisteddfodau, que se recuperaron a partir de 1822. No Gales moderno, un bardd é un poeta que participou nunha Eisteddfod.

Os bardos foron idealizados durante o Romanticismo por autores como Walter Scott e polos celtistas. O termo acabou significando "poeta lírico" e aplicóuselle tanto a William Shakespeare como a Eduardo Pondal. Durante o século XX o termo perdeu esa connotación celtista e acabou designando a calquera poeta.