John Keats

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Keats

Retrato de John Keats por William Hilton
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1795
Londres, Reino de Gran Bretaña
Morte23 de febreiro de 1821
(25 anos)
Roma, Estados Pontificios
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Tuberculose Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio protestante Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaInglaterra
Escocia
Illa de Irlanda
Geographical region of Italy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBritánica
RelixiónIrrelixión Editar o valor em Wikidata
EducaciónKing's College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e Romanticismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPoeta
MovementoRomanticismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
IrmánsFrances Mary Keats (en) Traducir e George Keats (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1563088 Musicbrainz: d0639a62-b2da-4c22-ae84-ea81956944e3 IMSLP: Category:Keats,_John WikiTree: Keats-141 Find a Grave: 566 Editar o valor em Wikidata


John Keats (AFI: ʤɒn ki:ʦ), nado en Londres o 31 de outubro de 1795 e finado en Roma o 23 de febreiro de 1821, foi un poeta inglés do Romanticismo. Foi unha das principais figuras da segunda xeración de poetas románticos, coincidindo con Lord Byron e Percy Bysshe Shelley, a pesar de que comezou a publicar as súas obras catro anos antes da súa morte por tuberculose.[1]

Durante a súa curta vida a súa obra foi obxecto de constantes ataques e non foi senón até moito despois que foi completamente reivindicada. A lírica de Keats caracterízase por unha linguaxe exuberante e imaxinativa, temperado pola melancolía. Keats tiña con frecuencia a sensación de traballar á sombra dos grandes poetas do pasado e só cara ao final da súa efémera vida, cando sentía preto a escuridade da morte, foi capaz de producir os seus poemas máis auténticos e memorables.[2]

Na actualidade, os seus poemas son dos máis populares e analizados da literatura inglesa, así como as súas cartas.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

John Keats naceu en Finsbury Pavement, nos arredores de Londres; o seu pai era propietario dunha corte de cabalos e morreu ao caer dun cabalo en 1803, cando o poeta tiña só sete anos.[4] A súa nai volveu casar enseguida, pero este segundo matrimonio foi infeliz e a nai non tardou en abandonar o seu marido e trasladarse a vivir á casa da avoa de Keats en Enfield con Keats, a súa irmá e outros tres irmáns, dos cales un non tardou en morrer. Alí o poeta foi a unha boa escola e antes dos quince anos xa lera os clásicos e traducía a Virxilio; con todo, a nai morreu en 1810 de tuberculose, deixándoos a el e os seus irmáns ao coidado da súa avoa.[5]

Esta nomeou dous titores que puidesen coidar os orfos; estes sacaron a Keats da súa antiga escola e convertérono en aprendiz de cirurxián até 1814, cando, tras unha pelexa co seu mestre, abandonou ese posto e foi estudar noutro hospital da zona. Durante aquel ano, John dedicou cada vez máis e máis tempo ao estudo da literatura e, aínda que se graduou en Farmacia, só exerceu dous anos, tras os cales se entregou por completo á poesía.

Casa de Keats en Roma.

A lectura da obra de Edmund Spenser, concretamente The Faerie Queene, supuxo para Keats un punto de inflexión no seu desenvolvemento literario e inspirou a creación do seu primeiro poema: "Imitation of Spenser". Enseguida coñeceu o poeta e editor Leigh Hunt, embarcado na defensa do Romanticismo; estabeleceu unha amizade con el e este introduciuno no selecto círculo dos máis destacados poetas da súa época, como Percy B. Shelley e Lord Byron, cos cales tamén estableceu amizade. Hunt publicou o seu "Imitation of Spenser" en 1816 no seu xornal Examiner, así como os seus primeiros sonetos, como "On First looking into Chapman's Homer", inspirado na lectura da Ilíada e a Odisea traducidas por George Chapman no século XVII. Un ano despois, publicou o seu primeiro poemario titulado simplemente Poems (1817). Esta primeira colección non tivo boa acollida, sobre todo pola súa relación co controvertido editor, quen era ademais un crítico literario moi displicente e gañouse inimigos poderosos entre os poetas e escritores da súa época.

Reprodución do rostro de Keats nunha máscara por Benjamin Haydon, 1816.

En 1817 trasladouse á illa de Wight, onde comezou a traballar nun novo libro. Pouco despois tivo que encargarse de coidar o seu irmán Tom, vítima da tuberculose, como a súa nai. Esta enfermidade supuxo para o poeta case unha maldición bíblica, pois habería de decimar a súa familia e terminar coa súa propia vida. Tras finalizar o seu poema épico Endymion, Keats iniciou unha viaxe por Escocia e Irlanda en compañía do seu amigo Charles Brown, e durante esta viaxe el tamén empezou a mostrar signos de infección, polo que tivo que volver prematuramente. Ao seu regreso, atopouse con que Tom empeorara considerablemente; ao fin, morreu en 1818. Ao pesar pola morte do seu irmán uniuse o feito de que a crítica recibira con hostilidade a súa Endymion, do mesmo xeito que fixera antes cos seus Poemas. Keats decidiu entón volver trasladarse, esta vez a vivir na casa londiniense do seu amigo Brown. Alí coñeceu a Fanny Brawne, quen estivera vivindo na casa de Brown coa súa nai, e, ao pouco, namorouse dela. A publicación póstuma da correspondencia entre ambos escandalizou a sociedade vitoriana.

Entre tanto, durante a primavera e o verán de 1819 Keats escribía os seus mellores poemas: "Ode to Psyque", "Ode on a Grecian Urn" e "Ode to a Nightingale", pezas clásicas da literatura inglesa, que apareceron no terceiro e mellor dos seus libros, Lamia, Isabella, The Eve of St. Agnes and Other Poems (1820). O primeiro é un tributo a unha deusa que, aparentemente, non tivo un gran culto na Grecia antiga; Keats promete a Psique construírlle un santuario. No segundo, "Ode on a Grecian Urn", tenta falar cunha urna que descobre nun museo, sorprendido polo misterio suspendido na eternidade do que revela; a urna respóndelle as palabras seguintes «a beleza é a verdade, a verdade é beleza, isto é todo... o que necesitas saber». En "Ode to a Nightingale", o eu lírico elévase entre as árbores, coas ás da palabra poética, para reunirse co rousinol que alí canta; iso sérvelle para comparar a natureza eterna e transcendental dos ideais coa fugacidade do mundo físico: o poeta, que se sente morrer, ansía esa eternidade.[6]

Wentworth Place, agora un museo da casa de Keats (á esquerda).

Ao ano seguinte, a súa relación con Fanny tivo que concluír cando a tuberculose de Keats se agravou sensiblemente. Os médicos aconselláronlle que se afastase do frío clima de Londres e marchase á asollada Italia; Keats marchou a Roma co seu amigo o pintor Joseph Severn, convidado por outro amigo, Percy Shelley. Durante un ano a súa saúde pareceu mellorar, pero ao cabo volveu quebrantarse e morreu a principios do ano seguinte, o 23 de febreiro de 1821, á beira da romana praza de España.[7]

En honra ao seu amigo, Shelley escribiu o seu poema "Adonaïs".[8] O corpo de Keats está enterrado no cemiterio protestante de Roma. Sobre a súa lápida, segundo quería que fose o seu epitafio, lese «Aquí xace alguén cuxo nome foi escrito na auga».[9] Existe un retrato de Keats pintado por William Hilton.[10]

Tumba de Keats en Roma.

Obra[editar | editar a fonte]

Cartas[editar | editar a fonte]

(Carta a John Hamilton Reynolds, 3 de maio de 1818)

Comparo a vida humana a unha gran casa de moitas moradas, das cales só podo describir dúas, xa que as portas das restantes aínda están pechadas ante min. A primeira onde entramos chamarémola cámara infantil ou sen pensamento, na cal permaneceremos mentres non pensamos. Estamos alí longo tempo, e aínda que as portas da cámara segunda están abertas, mostrando a súa aparencia brillante, non nos interesa apresurarnos a entrar nela. Mais a longo prazo sentímonos imperceptiblemente impelidos, ao espertar en nós o principio do pensamento, e apenas entramos nesa cámara segunda, que chamarei cámara do pensamento virginal, nos embriagamos coas luces e a atmosfera, sen ver outra cousa que agradables marabillas, e pensamos en quedarnos alí para sempre no medio dos deleites.
I compare human life to a large Mansion of Many Apartments, two of which I can only describe, the doors of the rest being yet shut upon me – The first we step into we call the infant or thoughtless Chamber, in which we remain as long as we do not think – We remain there a long while, and notwithstanding the doors of the second Chamber remain wide open, showing a bright appearance, we care not to hasten to it; but are at length imperceptibly impelled by the awakening of the thinking principle – within us – we no sooner get into the second Chamber, which I shall call the Chamber of Maiden-Thought, than we become intoxicated with the light and the atmosphere, we see nothing but pleasant wonders, and think of delaying there for ever in delight.

(Carta aos irmáns de decembro de 1817)

(...) capacidade negativa, é dicir, aquela por cal un home é capaz de existir no medio de incertezas, misterios, dúbidas, sen unha procura irritable do feito e a razón". Keats engade que é "un estado emocional caracterizado pola indecisión, a inquietude, a incerteza e a tensión que resulta de necesidades internas incompatibles ou unidades de igual intensidade. Para poder crear auténtica poesía, hai que poder permanecer no que poderían ser estados conflitivos, sen tentar reducilos a unidades racionais. A apertura da Imaxinación debe imporse á vontade do eu poético de resolver as oposicións e tensións".
I mean Negative Capability, that is, when a man is capable of being in uncertainties, mysteries, doubts, without any irritable reaching after fact and reason". Keats adds: "an emotional state characterized by indecision, restlessness, uncertainty and tension resulting from incompatible inner needs or drives of comparable intensity. To create true poetry, one had to be able to remain in what may be states of conflict without 'irritably' reaching after facts or reasons. By not imposing one self upon the doubts and uncertainties which make up a conflict".

Miscelánea[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O'Neill and Mahoney (1988), 418
  2. "Literary gossip". The Week : a Canadian journal of politics, literature, science and arts 1 (4): 61. 27 Dec 1883. Consultado o 23 April 2013. 
  3. Kelvin Everest, "Keats, John (1795–1821)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 Online (subscription only)
  4. "Two become one at The Globe". Evening Standard. 12 August 2008. Consultado o 17 September 2012. 
  5. "See the British National Archives for conversion rates". Nationalarchives.gov.uk. Consultado o 2014-03-01. 
  6. Andrew Motion (23 January 2010). "Article 23 January 2010 An introduction to the poetry of John Keats". London: Guardian. Consultado o 15 February 2010. 
  7. P. Ugalde, Cronología, a Keats, Endimión, Bosch, 1977, p. 18
  8. "University of Toronto – Adonaïs by Shelley". 
  9. Os lectores cultos da época detectarían sen dúbida a alusión ao poema 70 de Catulo: sed mulier cupido quod dicit amanti, / in vento et rapida scribere oportet aqua, "mais o que di a muller ao seu amante apaixonado no vente e a auga veloz convén escribilo".
  10. "KEATS, JOHN (1795-1821)". English Heritage. Consultado o 2012-10-23. 
  11. Hirsch, Edward (2001)
  12. Adonaïs (Adonaïs: An Elegy on the Death of John Keats, Author of Endymion, Hyperion etc.) by Shelley, published 1821
  13. A preface to Keats (1985) Cedric Thomas Watts, Longman, University of Michigan p90 ISBN 978-0-582-35367-1
  14. "Talking Pictures: 'Bright Star' -- 2 1/2 stars". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 04 de xaneiro de 2017. 
  15. "Keats, John". Encyclopædia Britannica, Ninth Edition, Vol. XIV. Cambridge: Cambridge University Press, 1882. 22–24
  16. Hart, Christopher. (2 August 2009.) "Savour John Keats' poetry in garden where he wrote". The Sunday Times. Retrieved 29 January 2010.
  17. Brown, Charles Armitage. Life of John Keats. London. Oxford University Press, 1937. pp.53-54.
  18. Gittings (1968), 504
  19. The Mansion of Many Apartments
  20. The Mansion of Many Apartments by Keats, John
  21. The Mansion of Many Apartments by John Keats
  22. "Negative Capability (Keatsian)". Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2016. Consultado o 04 de xaneiro de 2017. 
  23. Keats, John (1816). "Sonnett VIII. To My Brothers". Allpoetry.com. Consultado o October 31, 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]
En inglés[editar | editar a fonte]
  • Keats's Poetry and Prose. Ed. Jeffrey N. Cox. Nova York: W.W. Norton Co., 2008. ISBN 978-0-393-92491-6
  • John Keats. Ed. Susan Wolfson. Longman, 2007.
  • Selected Letters of John Keats. Ed. Grant F. Scott. Harvard University Press, 2002.
  • John Keats: Poetry Manuscripts at Harvard, a Facsimile Edition. Ed. Jack Stillinger. Harvard University Press, 1990. ISBN 0-674-47775-8
  • Complete Poems. Ed. Jack Stillinger. Harvard University Press, 1982.
  • The Poems of John Keats. Ed. Jack Stillinger. Harvard University Press, 1978.
  • The Letters of John Keats 1814–1821 Volumes 1 and 2 Ed. Hyder Edward Rollins. Harvard University Press, 1958.
  • The Complete Poetical Works of John Keats. Ed. H. Buxton Forman. Oxford: Oxford University Press, 1907.
  • The Complete Poetical Works and Letters of John Keats. ed. Horace Elisha Scudder. Boston: Riverside Press, 1899.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

  • Bate, Walter Jackson. Negative Capability: The Intuitive Approach in Keats. Nova York: Contra Mundum Press, 2012.
  • Cox, Jeffrey N. Poetry and Politics in the Cockney School: Keats, Shelley, Hunt and Their Circle. Cambridge: Cambridge University Press, 2004. ISBN 978-0-521-60423-9
  • Kirkland, John (2008). Love Letters of Great Men, Vol. 1. CreateSpace Publishing.
  • Kottoor, Gopikrishnan (1994). The Mask of Death: The Final Days of John Keats, (A Radio Play). Writers WorkShop Kolkata, 1994.
  • Lowell, Amy (1925). John Keats. 2 vols. Boston: Houghton Mifflin.
  • Parson, Donald (1954). Portraits of Keats. Cleveland: World Publishing Co.
  • Plumly, Stanley (2008). Posthumous Keats. Nova York: W.W. Norton & Co.
  • Richardson, Joanna (1963). The Everlasting Spell. A Study of Keats and His Friends. Londres: Cape
  • Richardson, Joanna (1980). Keats and His Circle. An Album of Portraits. Londres: Cassell.
  • Rossetti, William Michael (1887). The Life and Writings of John Keats. Londres: Walter Scott.
  • Turley, Richard Marggraf (2004). Keats' Boyish Imagination. Londres: Routledge, ISBN 978-0-415-28882-8

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Bate, Walter Jackson (1964). John Keats. Cambridge, Mass.: Harvard University Press.
  • Bate, Walter Jackson (2012). Negative Capability: The Intuitive Approach in Keats (1965), reprinted with a new intro by Maura Del Serra. Nova York: Contra Mundum Press, 2012.
  • Brown, Charles Armitage (1937). The Life of John Keats, ed. Londres: Oxford University Press.
  • Chapman, D. (2012). What's in an Urn?, Concept, ISBN 978-1-291-14311-9.
  • Colvin, Sidney (1917). John Keats: His Life and Poetry, His Friends Critics and After-Fame. Londres: Macmillan.
  • Colvin, Sidney (1970). John Keats: His Life and Poetry, His Friends, Critics, and After-Fame. Nova York: Octagon Books.
  • Coote, Stephen (1995). John Keats. A Life. Londres: Hodder & Stoughton.
  • De Almeida, Hermione (1991). Romantic Medicine and John Keats. Nova York: Oxford University Press. ISBN 0-19-506307-4
  • Gittings, Robert (1954). John Keats: The Living Year. 21 September 1818 to 21 September 1819. Londres: Heinemann.
  • Gittings, Robert (1964). The Keats Inheritance. Londres: Heinemann.
  • Gittings, Robert (1968). John Keats. Londres: Heinemann.
  • Gittings, Robert (1987) Selected poems and letters of Keats Londres: Heinemann.
  • Goslee, Nancy (1985). Uriel's Eye: Miltonic Stationing and Statuary in Blake, Keats and Shelley. University of Alabama Press. ISBN 0-8173-0243-3
  • Hewlett, Dorothy (3rd rev. ed. 1970). A life of John Keats. Londres: Hutchinson.
  • Hirsch, Edward (Ed.) (2001). Complete Poems and Selected Letters of John Keats. Random House Publishing. ISBN 0-375-75669-8
  • Houghton, Richard (Ed.) (2008). The Life and Letters of John Keats. Read Books. ISBN 978-1-4097-9103-4
  • Jones, Michael (1984). "Twilight of the Gods: The Greeks in Schiller and Lukacs". Germanic Review 59 (2): 49–56. doi:10.1080/00168890.1984.9935401. 
  • Lachman, Lilach (1988). "History and Temporalization of Space: Keats' Hyperion Poems". Proceedings of the XII Congress of the International Comparative Literature Association, editado por Roger Bauer e Douwe Fokkema (Múnic, Alemaña): 159–164.
  • G. M. Matthews (Ed). (1995). "John Keats: The Critical Heritage". Londres: Routledge. ISBN 0-415-13447-1
  • Monckton Milnes, Richard, ed. (Lord Houghton) (1848). Life, Letters and Literary Remains of John Keats. 2 vols. Londres: Edward Moxon.
  • Motion, Andrew (1997). Keats. Londres: Faber.
  • O'Neill, Michael & Mahoney Charles (Eds.) (2007). Romantic Poetry: An Annotated Anthology. Blackwell. ISBN 0-631-21317-1
  • Ridley, M. e R. Clarendon (1933). Keats' craftsmanship: a study in poetic development ASIN: B00085UM2I (Out of Print in 2010).
  • Scott, Grant F. (1994). The Sculpted Word: Keats, Ekphrasis, and the Visual Arts. Hanover, NH: University Press of New England. ISBN 0-87451-679-X
  • Stillinger, Jack (1982). Complete Poems. Cambridge, Massachusetts: Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-15430-4
  • Strachan, John (Ed.) (2003). A Routledge Literary Sourcebook on the Poems of John Keats. Nova York: Routledge. ISBN 0-415-23478-6
  • Vendler, Helen (1983). The Odes of John Keats. Belknap Press ISBN 0-674-63076-9
  • Walsh, John Evangelist (1999). Darkling I Listen: The Last Days and Death of John Keats. Nova York: St. Martin's Press.
  • Walsh, William (1957). "John Keats", in From Blake to Byron. Middlesex: Penguin.
  • Ward, Aileen (1963). John Keats: The Making of a Poet. Londres: Secker & Warburg.