Roger Martin du Gard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roger Martin du Gard
Roger Martin du Gard
Roger Martin du Gard en 1937
Nacemento: 23 de marzo de 1881
Neuilly-sur-Seine
Falecemento: 22 de agosto de 1958
Bellême, Orne
Lingua: Francés
Xénero(s): Novela
Nota(s): Nobel prize medal.svgPremio Nobel de Literatura (1937)

Roger Martin Du Gard, nado en Neuilly-sur-Seine o 23 de marzo de 1881, finado en Bellême, Orne o 22 de agosto de 1958, foi un novelista francés.

Índice

Traxectoria [editar]

Nacido nunha familia acomodada, de avogados e maxistrados, a súa situación permitiulle dedicarse á literatura. De vocación literaria precoz, foi consciente dela tras ler a novela de Lev Tolstoi, A guerra e a paz. Para intentar consolidar a súa vocación de novelista, inicia estudos de Letras, aínda que non os remata. Preséntase logo á unha oposición da École des chartes, obtendo a praza de arquiveiro-paleógrafo, cunha tese sobre a abadía de Jumièges.

En 1908 publica a súa primeira novela Devenir. Tras a publicación en 1913 de Jean Barois, na que Martin du Gard aborda o caso Dreyfus, traba amizade con André Gide e Jacques Copeau.

Participou como soldado na Primeira Guerra Mundial. Cando esta rematou, empeza a redacción da que será a súa obra magna: a saga de Les Thibault. Nela non trata de demostrar nada. Non xulga nin condena: mostra a veces de modo demasiado fragmentario a evolución da relixión contemporánea, como o feito da separación entre a Igrexa e o Estado Francés en 1905.

Recibe o Premio Nobel de Literatura en 1937. A partir dese momento a súa obra deixa de ser considerada relevante por parte da crítica, até que Albert Camus a volve reivindicar.

Pode considerarse un herdeiro da novela realista tradicional do século XIX; mais a certeza das súas descricións, os seus detalles narrativos e a penetración psicolóxica que fai dos seus personaxes, fan que non se poida cualificar como un escritor falto de innovación e forza.

Pasará a maior parte da Segunda Guerra Mundial en Niza. Alí empezará a elaborar unha novela que quedará inconclusa, Le Lieutenant-colonel de Maumort, que se publicará a título póstumo. Esta publicación, ao igual que outras que tamén foron póstumas (correspondencia, diario, relatos curtos) fai máis complexa a figura dun escritor que se reivindicou a si mesmo como novelista.

Obra [editar]

Novelas [editar]

  • 1908: Devenir
  • 1909: L'Une de Nous
  • 1913: Jean Barois
  • 1922: Les Thibault : Le Cahier gris
  • 1922: Les Thibault : Le Pénitencier
  • 1923: Les Thibault : La Belle Saison
  • 1928: Les Thibault : La Consultation
  • 1928: Les Thibault : La Sorellina
  • 1929: Les Thibault : La Mort du père
  • 1933: Vieille France
  • 1936: Les Thibault : Thibault, L'Été 1914
  • 1940: Les Thibault : Thibault, l'Épilogue

Ensaios [editar]

  • 1909: L'Une de Nous
  • 1933: Vieille France
  • 1968: Correspondance avec André Gide, obra póstuma
  • 1983: Le Lieutenant-colonel de Maumort, obra póstuma

Teatro [editar]

  • 1920: Le Testament du père Leleu
  • 1928: La Gonfle
  • 1932: Un Taciturne

Véxase tamén [editar]

Bibliografía [editar]

Ligazóns externas [editar]