Frédéric Mistral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFrédéric Mistral

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pro) Frederi Mistral Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Joseph Étienne Frédéric Mistral Editar o valor em Wikidata
8 de setembro de 1830 Editar o valor em Wikidata
Maillane, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de marzo de 1914 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Maillane, Francia Editar o valor em Wikidata
Presidente comité du museon Arlaten (en) Traducir
1899 – 1914 – Marie Mistral →
Capoulié of the Félibrige (en) Traducir
1876 – 1888 – Joseph Roumanille → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónAix-Marseille University (1896-1971) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLiteratura e translations from Latin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta , lexicógrafo Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e dicionario Editar o valor em Wikidata
MovementoFelibrige Editar o valor em Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioMèste Franc
Lou Felibre Calu
Lou Felibre de Bèuvezet
Lou Canounge de N-D. de Casten
Jan Chaplo Verne
Lou Medecin di Torro
Un Jouine Felibre
Tounin Clapo
Lou Tout-Obro
Antoine Chansroux
Un Maianen
Cousinié Macàri
Gui de Mount-Pavoun
Lou Felibre dóu Mas
Michèu Gai
Grand la Borgno
Lou Cascarelet
Lou Felibre de Bello Visto
Ambròsi Boufarel Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e Provençal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
1854Felibrige
agosto de 1853Congress of Aix-en-Provence (en) Traducir
Museon Arlaten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMarie Mistral Editar o valor em Wikidata
FillosMarius Ferréol (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFrançois Mistral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Adélaïde Mistral (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: cd3ca017-4260-4e2b-9c39-b0cc6208821e Discogs: 1391228 WikiTree: Mistral-3 Find a Grave: 128470895 Editar o valor em Wikidata
Retrato de Paul Saïn.

Frédéric Mistral, nado en Maillane (Provenza) o 8 de setembro de 1830 e finado o 25 de marzo de 1914, foi un escritor e lexicógrafo francés en lingua occitana, membro fundador do Félibrige, membro da Academia de Marsella e Premio Nobel de literatura en 1904.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo dunha familia acomodada (François Mistral e Adélaide Poulinet), polos cales emparentaba coas máis antigas familias da Provenza: Cruvelier, Expilly, Roux ou Ruffo di Calabria, moi estreitamente vinculadas entre elas mesmas; marqueses de Aurel. Non foi á escola ata os nove anos de idade.

Logo de acabar o bacharelato en Nîmes, estuda Dereito en Aix-en-Provence entre 1848 e 1851, facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do provenzal «primeira lingua literaria da Europa civilizada». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo: «de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...); de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...); de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía». Para Mistral, a palabra raza designa un «pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia».

Mistral recibe o Premio Nobel de Literatura en 1904 conxuntamente con José Echegaray. Destinará o montante do premio a creación do Museon Arlaten en Arles. Recibe o galardón:

En recoñecemento da frescura, orixinalidade e autenticidade da súa produción literaria, fiel reflexo das paisaxes naturais e o espírito popular da súa nación; e, ademais, polo seu significativo labor como filólogo provenzal

Casou con Marie-Louise Rivière, muller borgoñesa, mais non tiveron descendencia.

Félibrige[editar | editar a fonte]

De volta a Maillane, Mistral alíase co poeta Roumanille, co cal organiza o renacemento da lingua provenzal. Fundan entón con outros cinco poetas provenzais o Félibrige, que permitiría con forza promover a lingua de Oc. Posto baixo o patrocinio de santa Estela, o movemento acollerá a poetas cataláns expulsados de España por Isabel II.

Os sete "primadié", fundadores do félibrige foran: Jóusè Roumaniho, Frederi Mistral, Teoudor Aubanèl, Ansèume Matiéu, Jouan Brunet, Adòufe Tavan e Pau Giera. O Felibrige é aínda hoxe unha das principais organizacións culturais en País de Oc. Tamén é das poucas presentes nos 36 departamentos de lingua occitana.

Coa súa obra, Mistral rehabilita a lingua provenzal conducíndoa ás máis elevadas cimas da poesía épica : a calidade da obra será consagrada con diversas distincións. Botase nun traballo de monxe para facer un dicionario e como trobador, escribe textos de cancións.

Lexicografía : Lou Tresor dóu Felibrige[editar | editar a fonte]

Mistral é o autor de Lou Tresor dóu Felibrige (1878-1886), que permanece aínda hoxe como o dicionario máis caudaloso da lingua occitana, e un dos máis fiables pola precisión das acepcións. É un dicionario bilingüe occitano-francés, en dous grandes volumes, englobando o conxunto dos dialectos de Oc, mais con grafía mistraliana.

Mirèio[editar | editar a fonte]

A súa obra mestra é Mirèio (Mireille en francés), publicada en 1859 despois de oito anos de esforzo creador. Mirèio conta os amores de Vincent et Mireille, unha fermosa provenzal. O poema inspirará a Charles Gounod unha ópera en 1863. Mistral acha aquí a ocasión de propor a súa lingua, mais tamén de facer participar na cultura dun país ao falar especialmente de Saintes Maries de la Mer.

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]