Ringo Starr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ringo Starr
Ringo Starr (2007).jpg
Ringo Starr no 2007
Nome completo Richard Starkey
Alias
Naceu 7 de xullo de 1940
(72 anos)
Orixe Liverpool, Inglaterra, Reino Unido Reino Unido
Morreu
Ocupación (s) Cantante, compositor, músico, produtor musical e produtor cinematográfico
Xénero Rock, Pop, rock and roll, country rock
Instrumento(s) Batería, bongó, pandeireta, maracas, claves, congas, timbal, crótalos, guitarra, piano, voz
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s) Parlophone
Capitol^
Apple
Polydor
Atlantic
RCA
Mercury
Koch
Relacionado con The Beatles
John Lennon
Paul McCartney
George Harrison
Brian Epstein
George Martin
Tempo en activo 1957Presente
Web GeorgeHarrison.com

Ringo Starr nado como Richard Starkey, MBE en Liverpool o 7 de xullo de 1940, é un músico, (cantante, compositor) e actor británico, recoñecido por ser o batería de The Beatles. Dos catro membros do grupo, foi o último en incorporarse á formación definitiva. Chámanlle así porque sempre usa aneis, aínda que nunha entrevista dixo: "Elixino porque é nome de can e os cans agrádanme". Antes da súa unión a The Beatles, Starr foi membro doutra banda de Liverpool, Rory Storm & The Hurricanes. En agosto de 1962, Starr substituíu de forma permanente na formación de The Beatles ao batería Pete Best. Ademais de tocar a batería, Starr participou como vocalista en varias cancións do grupo como "With a Little Help from My Friends", "Yellow Submarine" e "Act Naturally", entre outras, e figurou como compositor das cancións "Don't Pass Me By" e "Octopus's Garden".

A contribución creativa de Starr á música de The Beatles foi suxeito de eloxios por músicos e críticos. O batería Steve Smith comentou que a popularidade de Starr "deu luz a un novo paradigma onde se comezou a ver ao batería como un participante máis no aspecto compositivo". En 2011, os lectores da revista musical Rolling Stone elixiron a Starr o quinto mellor batería de todos os tempos.[1]

Trala separación de The Beatles en 1970, Starr desenvolveu unha carreira musical en solitario con éxitos comerciais na década de 1970 como Ringo (1973) e Goodnight Vienna (1974) e varios fracasos na década de 1980, durante a cal desenvolveu unha actividade cinematográfica paralela, participando en películas como O cavernícola (Caveman) (1981). Ademais, participou como músico de sesión en traballos doutros artistas, incluíndo os seus tres antigos compañeiros de The Beatles, e narrou as dúas primeiras tempadas da serie infantil animada Thomas e os seus amigos (Thomas the Tank Engine and Friends).[2] En 1989, creou Ringo Starr & His All-Starr Band, unha banda cunha formación rotatoria ao estilo de Bill Wyman's Rhythm Kings e coa que sae anualmente de xira, e publicou o álbum Time Takes Time, o primeiro dunha serie de colaboracións co músico Mark Hudson, quen produciu posteriores traballos como Vertical Man (1997), Ringo Rama (2003) e Choose Love (2005).[3] O seu disco máis recente, Ringo 2012, foi publicado en 2012.[4]

Nunha entrevista, Phil Collins declarou: "Eu creo que Ringo Starr non foi ben valorado no seu papel de batería. Desafío a calquera de vostedes a tocar a batería como fai Ringo en "A Day in the Life'".

Índice

Traxectoria [editar]

Primeiros anos [editar]

Starkey naceu no seo dunha familia traballadora o 7 de xullo de 1940 no 9 de Madryn Street de Dingle, un suburbio portuario de Liverpool, Inglaterra. Os seus pais, Elsie Gleave Parkin e Richard Starkey, divorciaronse, quedando o mozo ao coidado da súa nai. Ambos mudaronse ao 10 de Admiral Grove, á vez que a súa nai alternaba distintos traballos.

Ingresou na escola de St. Silas, pero aos 6 anos veríase obrigado a abandonala debido a unha grave peritonite. Permaneceu en cama durante dous anos e dez semanas no hospital. Aos trece, despois de que a súa nai contraese matrimonio con Harry Greaves, un arrefriado converteuse en pleuresía, o que lle obrigou a ser ingresado no Myrtle Street Hospital, onde permaneceu ata 1955.

A súa ausencia da aula lle dificultó a aprendizaxe, polo que á súa saída apenas sabía ler e escribir. Traballou, grazas ao apoio do seu padrastro, para a British Rail como mensaxeiro, aínda que ás seis semanas foi despedido por non pasar o exame médico. Pouco despois, Harry Greaves logrou atoparlle traballo como aprendiz de ensamblador nunha compañía mecánica local.

Pese a todo, e debido ao auxe do skiffle, a maior afección de Ringo era a música. Durante a súa estancia no hospital, aprendeu a tocar o tambor nas clases de música que se impartían. Á súa saída deste, Harry Greaves comproulle unha batería de segunda man. Tocou para algunhas bandas locais: primeiro en bailes xunto a Eddie Clayton e máis tarde con The Darktown Skiffle Group, aínda que alcanzou certa reputación no grupo Rory Storm & The Hurricanes, onde cambiou o seu nome polo de Ringo Starr (Ringo debido aos numerosos aneis que usaba (aínda que el nunha entrevista dixo "elixino porque é nome de can e os cans agrádanme"), e Starr para anunciar o seu só de batería como Starr Estafe).

No outono de 1960, e logo de numerosos concertos no seu Liverpool natal, Ringo, xunto a Rory Storm and the Hurricanes (que era o grupo máis popular en Liverpool nese tempo), tocou en Hamburgo, Alemaña, onde coñeceu a The Beatles. En varias ocasións substituíu a Pete Best á batería debido á súa ausencia, e entablou unha gran amizade co resto da banda.

Con The Beatles [editar]

Artigo principal: The Beatles.

En 1962, The Beatles conseguen o seu primeiro contrato discográfico con Parlophone grazas á axuda de Brian Epstein e George Martin. Pese a todo, a George Martin non lle gustaba o ritmo de Pete Best na batería, polo que propuxo substituilo polo mellor batería de Liverpool. Chamaron a Ringo, preguntándolle se quería unirse á banda, cousa que asi fixo, aínda que a George Martin non se lle dixo que Ringo había aceptado, polo cal aquel día reemplazarono por un profesional chamado Andy White. Malia as reticencias, finalmente contou co apoio de George Martin e ingresou oficialmente no grupo.[5] Malia ser zurdo, Ringo toca unha batería para diestros. A súa tendencia a dirixir o ritmo coa súa man esquerda contribuíu ao distintivo estilo de tocar a batería de Ringo.

John Lennon dixo de Ringo:

Ringo era un estrela na súa xusta medida en Liverpool, antes de que o coñeceramos. Por entón era un batería profesional que tocaba e cantaba, tiña o seu propio espectáculo e estaba nun dos grupos máis importantes de Gran Bretaña pero especialmente de Liverpool... Ringo é un moi bo músico.[6]

Pola súa banda, Steve Smith dixo del:

Antes de Ringo, os baterías seguían o ritmo coa súa habilidade eo seu virtuosismo. A popularidade de Ringo trouxo un novo paradigma na forma de que o público vía a batería. Comezamos a ver ao batería como un participante igualado en todos os aspectos da composición. Unha das mellores calidades de Ringo era que compoñía a pista da batería cun estilo único para as cancións dos Beatles. As partes da batería supoñían unha firma tan personalizada que podías escoitar a Ringo sen o resto da música e identificar de inmediato a canción.[7]

Moitos baterías, entre eles Max Weinberg, da E Street Band, Dave Grohl, de Nirvana, Danny Carey, de Tool, Liberty deVitto da banda de Billy Joel, Phil Collins e Mike Portnoy, recoñeceron a influencia de Ringo á hora de tocar a batería.[8]

Segundo Phil Collins:

Starr é enormemente menosprezado. A pista de batería en "A Day in the Life" ten cousas moi complexas. Podes contratar a un bo batería hoxe en día e dicirlle: "Quero que o toques como tal", e non saberá como facelo.[9]

No seu extenso estudo sobre as sesións de gravación de The Beatles, Mark Lewisohn confirmou que Ringo era hábil e notablemente formal. Segundo o autor, ao longo de oito anos de sesións houbo menos dunha ducia de ocasións na que tivese que interromperse a gravación por un erro de Ringo, recaendo a maior parte dos erros nos outros tres compoñentes de The Beatles.[8] Ringo é así mesmo considerado por introducir aspectos modernos nas técnicas da batería, como é a forma de coller as baquetas por ambas mans do mesmo xeito, a diferenza da forma tradicional na que ambalas dúas eran collidas de xeito diferente, ou o aspecto de emplazar o instrumento nunha plataforma para facelo máis visible de cara ao público. El era zurdo pero a súa avóa ensinoulle a ser ambidiestro e co tempo aprendeu.

Existen dúas cancións onde Ringo é recoñecido pola súa labor como batería: en "Rain", pola súa ensincronización co baixo de Paul McCartney, e en "She Said, She Said", pola forma de cubrir sen inconvenientes o cambio de compás de 3/4 a 4/4.

Tanto John Lennon como Paul McCartney e George Harrison recoñeceron, a modo de afagos e de compañerismo, a Ringo como o mellor batería do mundo. Durante a gravación do Álbum Branco, McCartney substituíu a Ringo nas cancións "Back in the U.S.S.R" e "Dear Prudence" trala saída de Ringo debido ao seu desgusto polas crecentes tensións entre os membros do grupo e polo tempo que tiña que pasar abandonado no estudo mentres os seus compañeiros non o requirían para a batería. Pasou dúas semanas co actor Peter Sellers no seu iate, preto de Grecia, onde escribiu a canción "Octopus' Garden". Lennon mandou telegramas a Ringo, e Harrison encheu o estudo de flores para agasallar a Ringo na súa volta a Londres.[10] Así mesmo, o 31 de xaneiro de 1969, un día despois do último concerto ofrecido polo grupo na azotea de Apple Studios, McCartney mandou unha postal a Ringo dicindo textualmente: "Ti es o mellor batería do mundo. De verdade", estás palabras quedaron plasmadas no libro de Ringo Postcards From The Boys.[11]

Notas [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: