Presidentes dos Estados Unidos de América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Presidente dos Estados Unidos")
Escudo presidencial dos Estados Unidos de América

O Presidente dos Estados Unidos é o xefe de estado dos Estados Unidos de América. Baixo a Constitución estadounidense, o Presidente é tamén o xefe do Goberno Federal dos Estados Unidos e o comandante en xefe das Forzas Armadas dos Estados Unidos de América

Os poderes do Presidente dos Estados Unidos son amplos. Ademais de ser a cabeza do poder executivo do goberno federal, que inclúe ó redor de 4 millóns de funcionarios, entre elas un millón de persoal militar en servizo activo, ten importantes funcións nas áreas lexislativa e xudicial.

É, ademais, o encargado das relacións internacionais do país.

A elección do presidente dos Estados Unidos de América ten unha importancia crucial, xa que afecta directa ou indirectamente a todo o mundo. Unha lexislatura dura 4 anos, reelixible.

Listaxe de Presidentes dos Estados Unidos[editar | editar a fonte]

Orden
Presidente
Inicio do mandato
Fin do mandato
1 George Washington 30 de abril de 1789 3 de marzo de 1797
2 John Adams 4 de abril de 1797 3 de marzo de 1801
3 Thomas Jefferson 4 de marzo de 1801 3 de marzo de 1809
4 James Madison 4 de marzo de 1809 3 de marzo de 1817
5 James Monroe 4 de marzo de 1817 3 de marzo de 1825
6 John Quincy Adams 4 de marzo de 1825 3 de marzo de 1829
7 Andrew Jackson 4 de marzo de 1829 3 de marzo de 1837
8 Martin Van Buren 4 de marzo de 1837 3 de marzo de 1841
9 William Henry Harrison 4 de marzo de 1841 4 de abril de 1841
10 John Tyler 6 de abril de 1841 3 de marzo de 1845
11 James Knox Polk 4 de marzo de 1845 3 de marzo de 1849
12 Zachary Taylor 4 de marzo de 1849 9 de xullo de 1850
13 Millard Fillmore 10 de xullo de 1850 3 de marzo de 1853
14 Franklin Pierce 4 de marzo de 1853 3 de marzo de 1857
15 James Buchanan 4 de marzo de 1857 3 de marzo de 1861
16 Abraham Lincoln 4 de marzo de 1861 15 de abril de 1865
17 Andrew Johnson 15 de abril de 1865 3 de marzo de 1869
18 Ulysses S. Grant 4 de marzo de 1869 3 de marzo de 1877
19 Rutherford Birchard Hayes 4 de marzo de 1877 3 de marzo de 1881
20 James Abram Garfield 4 de marzo de 1881 17 de setembro de 1881
21 Chester Alan Arthur 20 de setembro de 1881 3 de marzo de 1885
22 Grover Cleveland 4 de marzo de 1885 3 de marzo de 1889
23 Benjamin Harrison 4 de marzo de 1889 4 de marzo de 1893
24 Grover Cleveland 4 de marzo de 1893 3 de marzo de 1897
25 William McKinley 4 de marzo de 1897 14 de setembro de 1901
26 Theodore Roosevelt, Jr. 14 de setembro de 1901 3 de marzo de 1909
27 William Howard Taft 4 de marzo de 1909 3 de marzo de 1913
28 Woodrow Wilson 4 de marzo de 1913 3 de marzo de 1921
29 Warren Gamaliel Harding 4 de marzo de 1921 2 de agosto de 1923
30 Calvin Coolidge 2 de agosto de 1923 3 de marzo de 1929
31 Herbert Clark Hoover 4 de marzo de 1929 3 de marzo de 1933
32 Franklin Delano Roosevelt 4 de marzo de 1933 12 de abril de 1945
33 Harry S. Truman 12 de abril de 1945 20 de xaneiro de 1953
34 Dwight D. Eisenhower 20 de xaneiro de 1953 20 de xaneiro de 1961
35 John Fitzgerald Kennedy 20 de xaneiro de 1961 22 de novembro de 1963
36 Lyndon B. Johnson 22 de novembro de 1963 20 de xaneiro de 1969
37 Richard Nixon 20 de xaneiro de 1969 9 de agosto de 1974
38 Gerald Rudolph Ford, Jr. 9 de agosto de 1974 20 de xaneiro de 1977
39 James Earl "Jimmy" Carter, Jr. 20 de xaneiro de 1977 20 de xaneiro de 1981
40 Ronald W. Reagan 20 de xaneiro de 1981 20 de xaneiro de 1989
41 George H. W. Bush 20 de xaneiro de 1989 20 de xaneiro de 1993
42 William Jefferson Clinton 20 de xaneiro de 1993 20 de xaneiro de 2001
43 George Walker Bush 20 de xaneiro de 2001 20 de xaneiro de 2009
44 Barack Hussein Obama 20 de xaneiro de 2009

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]