John Williams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Williams.

John Towner Williams (Long Island (Nova York), 8 de febreiro de 1932) é un compositor estadounidense premiado varias veces polas súas bandas sonoras.

Amigo de Steven Spielberg, asina case todas as bandas dos seus filmes, tales como Jurassic Park, Jaws, Schindler's List, Encontros na terceira fase e Munich. Tamén é socio do cineasta George Lucas, sendo o autor das famosas bandas sonoras das series cinematográficas de éxito Star Wars e Indiana Jones. Outras bandas famosas de autoría de Williams son a da saga Harry Potter e a do filme de Superman protagonizado por Christopher Reeve. Nomeado nada menos que 45 veces ao Oscar, foi vitorioso con Jaws, E.T. the Extra-Terrestrial, Star Wars Episode VI, Schindler's List e Fiddler on the Roof.

É considerado un dos maiores compositores da actualidade.

Ademais dos seus traballos en música de filmes, é coñecido tamén polas súas obras eruditas e concertos, como: o concerto para fagot e orquestra, o concerto para violoncello e orquestra, o concerto para trompeta e orquestra, o concerto para violín, frauta e orquestra e o concerto para trompa e orquestra.