Pär Lagerkvist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pär Lagerkvist
Lagerkvist.jpg
Pär Fabien Lagerkvist
Datos persoais
Nacemento 23 de maio de 1891
Lugar Växjö, Småland
Falecemento 11 de xullo de 1974
Lugar Estocolmo
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Sueco
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía, novela, conto, teatro, ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Pär Fabien Lagerkvist, nado en Växjö, Småland o 23 de maio de 1891 e finado en Estocolmo o 11 de xullo de 1974, foi un escritor sueco, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1951. Cultivou poemas, obras de teatro, novelas, contos e ensaios. A súa obra caracterízase polo pesimismo, a anguria, a indagación da natureza humana e as constantes alusións á morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pär Lagerkvist naceu en 1891 no seo dunha familia campesiña da provincia de Småland, na cidade de Växjö. Os seus pais eran de educación tradicionalista, con profundas bases relixiosas na fe cristiá. De 1910 a 1912 estuda arte e literatura na Universidade de Uppsala.

O seu interese pola arte lévao a viaxar a París, onde estuda arte e coñece o movemento cubista e expresionista.

Durante a Primeira Guerra Mundial, viviu en Dinamarca; alí escribiu a súa primeira obra teatral en 1917, chamada Sista människan, así como Ångest, libro de poesía fortemente inspirado na guerra.

Ao seu regreso a Suecia, en 1919, convértese en crítico de teatro en Estocolmo, onde escribe numerosos ensaios en prensa. Ao mesmo tempo, continúa a súa obra literaria, que lle acarrearía unha gran aceptación entre o público e unha non menor influencia na literatura do seu país.

En 1940 sería nomeado membro da Academia Sueca. Ese mesmo ano recibe o título de Doctor Honoris Causa pola Universidade de Gotemburgo, e en 1951 gaña o Premio Nobel de Literatura.

Falece o 11 de xullo de 1974 en Danderyd, preto de Estocolmo.

Obra[editar | editar a fonte]

A obra de Lagerkvist caracterízase por unha forte calidade expresiva, influencia que adquiriu quizais en París, onde coñeceu o movemento expresionista. Aborda temas principalmente relacionados coa problemática do ben e do mal, que se reflicten nunha obra cargada de pesimismo, ansiedade, crueldade, e en ocasións de moralidade relixiosa.

Entre os temas centrais da súa obra está a cuestión fundamental do ben e do mal, que o autor examinou a través de figuras como o verdugo medieval, Barrabás, e o xudeu errante. Na súa moral, usou motivos e figuras da tradición cristiá sen seguir as doutrinas da Igrexa.

Listado de obras:
  • 1913: Människor
  • 1913: Ordkonst och bildkonst
  • 1913: Två sagor om livet
  • 1914: Motiv
  • 1915: Järn och människor
  • 1916: Ångest
  • 1917: Sista människan
  • 1918: Teater
  • 1919: Kaos
  • 1920: Det eviga leendet
  • 1921: Den lyckliges väg
  • 1923: Den osynlige
  • 1924: Onda sagor
  • 1925: Gäst hos verkligheten
  • 1926: Hjärtats sånger
  • 1927: Det besegrade livet
  • 1928: Han som fick leva om sitt liv
  • 1930: Kämpande ande
  • 1932: Konungen
  • 1932: Vid lägereld
  • 1933: Bödeln
  • 1934: Den knutna näven
  • 1935: I den tiden
  • 1936: Människan utan själ
  • 1937: Genius
  • 1939: Seger i mörker
  • 1940: Sång och strid
  • 1944: Dvärgen
  • 1950: Barabbas
  • 1953: Aftonland
  • 1956: Sibyllan
  • 1962: Pilgrim på havet
  • 1964: Det heliga landet
  • 1967: Mariamne

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pär Lagerkvist Modificar a ligazón no Wikidata