Boloña - Bologna
Bologna (Bulåggna en boloñés) é unha cidade de Italia de 374.561 habitantes (2008), capital da provincia homónima, así como da rexión de Emilia-Romagna. Situada entre o río Reno e o río Sávena, cerca dos Apeninos, é unha das cidades históricas mellor conservadas e que posúe o segundo casco antigo medieval máis grande de Europa, despois do de Venecia.
Antiquísima cidade universitaria (oficialmente dende 1088), acolle numerosos estudantes que a enriquecen e animan a súa vida cultural e social. Coñecida polas súas torres e os longos pórticos, posúe un ben conservado centro histórico (entre os máis extensos de Italia), grazas a unha atenta política de conservación e restauración posta en práctica dende finais dos anos 60 do século pasado, establecida para solucionar os estragamentos urbanísticos de finais do século XIX e das destrucións bélicas.
Bologna é un importante nó de comunicacións rodoviario e ferroviario do norte de Italia, relevante polo feiral e área na que residen importantes industrias mecánicas, electrónicas e alimentares. É sede de importantes institución culturais, económicas e políticas.
Índice |
Evolución demográfica [editar]

Historia [editar]
A rexión está habitada desde o século IX a.C., os etruscos substituíron aos umbros a partir do século VI a.C. dándolle o nome de Velzna, latinizano como Felsina.
Cidades irmás [editar]
Coventry, Reino Unido, desde 1984
Kharkiv, Ucraína, desde 1966
La Plata, Arxentina, desde 1988
Leipzig, Alemaña, desde 1962
St. Louis, Missouri, Estados Unidos, desde 1987
Portland, Oregon, Estados Unidos, desde 2003
Salónica, Grecia, desde 1981
San Carlos, Nicaragua, desde 1988
Saint-Louis, Senegal, desde 1991
Toulouse, Francia, desde 1981
- Tuzla, Bosnia Herzegovina, desde 1994
Valencia, España, desde 1976
Zagreb, Croacia, desde 1963
|
|||||