Ennio Morricone

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ennio Morricone

Morricone dirixindo no edificio das Nacións Unidas
Nome completo Ennio Morricone
Data de nacemento 10 de novembro de 1928
Lugar de nacemento Roma
Web official www.enniomorricone.it
Composicións máis destacadas The mission (1986), The untochables (1987)
Premios Premio Oscar Honorífico, ano 2007

Ennio Morricone (nacido en Roma o 10 de novembro de 1928) é un compositor italiano de música.

Índice

[editar] Biografía

De pequeno foi compañeiro de colexio de Sergio Leone, co que máis tarde colaborou en case tódalas súas películas ata a morte deste. Tralo colexio ingresou no Conservatorio Santa Cecilia de Roma, onde estudiou trompeta e composición. A súa carreira cinematográfica empezou nos 60, estando aínda activo, polo que é un dos compositores actuais máis prolíficos, con máis de 500 traballos feitos.

Foi moi criticado por uns e moi aclamado por outros, debido á súa atípica música, pero ante todo foi valiente integrando instrumentos poco comúns entre as grandes orquestras. En 1964 tocou no grupo de improvisación Nuova Consonanza fundado por Franco Evangelisti.

Tampouco pasou desapercibida a súa colaboración con grandes directores como Pier Paolo Pasolini, Bernardo Bertolucci, Gillo Pontecorvo, Brian de Palma, Marco Bellocchio ou Pedro Almodóvar.

É un dos máis coñecidos dos compositores cinematográficos, mercede sobre todo á música dos "spaghetti western", pero tamén por melodías como as de The mission ou Nuovo Cinema Paradiso.

Tamén compuxo obras para series de televisión. Entre as máis coñecidas están O secreto do Sahara, La Piovra, Marco Polo ou Moisés.

Compuxo a marcha da Copa Mundial de FIFA Arxentina 1978.

[editar] Obras

[editar] Anos 60

[editar] Anos 70

[editar] Años 80

[editar] Años 90

[editar] Años 2000

[editar] Premios

Foi nominado ós Oscar en 5 ocasións, sen gañalo en ningunha delas:

  • Días del cielo (1978)
  • La misión (1986)
  • Los intocables de Elliot Ness (1987)
  • Bugsy (1991)
  • Malena (2000)

Na 79ª Ceremonia de entrega dos Premios Oscar recibiu a súa primeira estatuiña como recoñecemento a toda a carreira.

Ferramentas persoais