Heath Ledger
| Heath Ledger | |
|---|---|
Heath Ledger 2006. |
|
| Nacemento | Heath Andrew Ledger 4 de abril de 1979 Perth, |
| Falecemento | 22 de xaneiro de 2008 Nova York, |
| Profesión | actor |
| Cónxuxe(s) | Michelle Williams (2004–2007) |
| Fillo(s) | Matilda Rose Ledger |
| Páxina web oficial | |
| Ficha na IMDb | |
Heath Andrew Ledger, nado en Perth o 4 de abril de 1979 e falecido en Nova York o 22 de xaneiro de 2008, foi un actor australiano.
Índice |
Traxectoria [editar]
Comezou de neno a facer obras de teatro infantil e aos dezaseis anos marcha a Sidney a buscar traballo como actor. Alí obtivo un papel na serie Sweat, interpretando un ciclista homosexual. A partir de aí alternou o cinema con Blackrock, un drama sobre uns mozos acusados de violar unha nena, coa participación en series de televisión australiana, como Home Away, Blush Patrol e Roar, onde facía de guerreiro celta.
En 1999 participa na súa primeira produción internacional, intervindo como actor na comedia de rapaces 10 Things I Hate About You. Despois regresou a Australia, onde rodou Two Hands, de Gregor Jordan, e logo outra vez e xa definitivamente aos Estados Unidos ao rodar The Patriot (2001), compartindo cartel con Mel Gibson, e polo que obtivo o premio ShoWest ao mellor actor masculino. A este filme seguíronlle Monster's Ball, Destino de cabaleiro, Ned Kelly, The Order, e The Brothers Grimm.
A viraxe na súa carreira produciuse en 2005 co seu papel protagonista en Brokeback Mountain, o filme dirixido por Ang Lee que obtivo catro óscares, e se ben el foi nomeado para un deles, non o acadou. Ledger representou o vaqueiro gai Ennis del Mar. Por este papel recibiu os premios de mellor actor do ano das asociacións de críticos de Nova York e de San Francisco.
A partir de aí, no 2006, rodou o papel principal en Casanova, fixo de Joker na secuela de Batman empeza titulada O cabaleiro escuro, e en 2007 representou a Bob Dylan nunha das etapas da súa vida en I'm Not There. Ao morrer estaba rodando The Imaginarium of Doctor Parnassus.
Vida persoal [editar]
Os seus pais separáronse cando tiña dez anos e el viviu co pai. Tiña tres irmás. Entre as súas relacións destaca a que tivo coa actriz Michelle Williams entre 2005 e 2007, con quen tivo unha filla.
Foi atopado morto no seu apartamento do Soho de Nova York, vítima da acción combinada de distintas menciñas[1].
Filmografía [editar]
Filmes [editar]
| Ano | Título | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1992 | Clowning Around | Pallaso | |
| 1997 | Blackrock | Toby | |
| 1997 | Paws | Oberón | |
| 1999 | Two Hands | Jimmy | |
| 1999 | 10 Things I Hate About You | Patrick Verona | Nomeado ó MTV Movie Award pola mellor secuencia musical |
| 2000 | The Patriot | Gabriel Martin | |
| 2001 | Monster's Ball | Sonny Grotowski | |
| 2001 | Destino de cabaleiro | Sir William Thatcher / Sir Ulrich von Lichtenstein de Gelderland | |
| 2002 | The Four Feathers | Harry Faversham | |
| 2003 | The Order | Alex Bernier | |
| 2003 | Ned Kelly | Ned Kelly | |
| 2005 | Casanova | Giacomo Casanova | |
| 2005 | The Brothers Grimm | Jacob Grimm | |
| 2005 | Lords of Dogtown | Skip Engblom | |
| 2005 | Brokeback Mountain | Ennis Del Mar | |
| 2006 | Candy | Dan | |
| 2007 | I'm Not There | Bob Dylan | |
| 2008 | O cabaleiro escuro | Joker | |
| 2009 | The Imaginarium of Doctor Parnassus | Tony |
Televisión [editar]
| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1993 | Ship to Shore | Ciclista | |
| 1996 | Sweat | Snowy Bowles | |
| 1997 | Home and Away | Scott Irwin | Convidado |
| Roar | Conor |
Vídeos Musicais [editar]
- (2006) "Cause an Effect" e "Seduction is Evil (She's Hot)", canción de N'fa, videos dirixidos por Ledger.
- (2006) "Morning Yearning," canción de Ben Harper, vídeo dirixido por Ledger.
- (2007) "Black Eyed Dog," canción escrita por Nick Drake (1948–1974), vídeo dirixido por Ledger.
- (2009) "King Rat", canción de Modest Mouse e concevida por Ledger.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
Notas [editar]
- ↑ Accidental drug mix killed Ledger, BBC, 06.02.08