Frank Sinatra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Frank Sinatra
Frank Sinatra laughing.jpg
Nome completo Francis Albert Sinatra
Alias A Voz
Naceu 12 de decembro de 1915
Orixe Hoboken
Morreu 14 de maio de 1998
Ocupación (s)
Xénero
Instrumento(s) voz
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo
Web

Francis Albert Sinatra, máis coñecido como Frank Sinatra, nado en Hoboken o 12 de decembro de 1915 e finado en Los Angeles o 14 de maio de 1998, foi un cantante e actor estadounidense. Alcumado "A Voz", foi unha das figuras máis importantes da música popular do século XX. A súa popularidade chegou a ser inmensa e practicamente constante ao longo da súa vida, aínda que foron especialmente exitosos os anos corenta e cincuenta. Foi esta última década, coa súa produción discográfica para a compañía Capitol, a considerada como a súa etapa de maior calidade artística como cantante.

Índice

[editar] Estilo e características

O seu repertorio baseouse na obra dos máis importantes compositores populares estadounidense, como Jimy Van Heuse, Cole Porter, Smmy Cahn ou George Gershwin, e o seu estilo sintetizou, xa nas súas orixes, quince anos de influencias mutuas entre a música de inspiración jazzística e a música pop que empezaba a difundirse a través da radio. Sinatra construíu o seu estilo sobre a base dunha comprensión natural da música popular, tal como a entenderon Bing Crosb, Fred Astaire, Benny Goodman e Louis Armstrong, explotando a idea de que esta, en todas as suas vertentes, debería ser unha extensión da fala.

Tecnicamente, caracterizouse pola súa coidada precisión no fraseo e o seu dominio do control da respiración; o rango da súa voz estaba próximo ao de barítono. En canto á súa categoría artística, esta radica na súa capacidade interpretativa para transmitir as emocións e sentimentos implícitos nas letras das cancións. En Sinatra, calquera tipo de consideración vocal e, incluso, musical, resultan secundarias respecto da que é a súa misión principal: contar unha historia da forma máis expresiva posible.

A Sinatra recoñéceselle historicamente ser o primeiro cantante que fixo uso conscientemente dos medios de amplificación do son co obxecto de situar a súa voz por encima do son da orquestra (dominadora da musica popular estadounidense de principios de século XX) e para aproximala a intimidade do oído do ouvinte.

Como actor, Sinatra foi un artista de tipo intuitivo, reacio a someterse os ensaios e repeticións habituais na gravación, polo que as súas interpretacións foron emocionalmente intensas ao tempo que irregulares. A importancia na súa vida do seu traballo actoral foi capital; por exemplo foi precisamente a través do seu papel en "De Aquí á Eternidade" como logrou saír dun bache persoal e artístico no tránsito dos anos corenta os cincuenta para encumbrarse no máis alto da popularidade, ademais de gañar pola súa interpretación o Oscar ao mellor actor secundario.

Na da súa carreira profesional, Sinatra gravou máis de 1300 cancións e participou en máis de cincuenta películas. Recibiu multitude de premios e homenaxes, entre os que contan dez Grammys, o Premio da Academia de Artes e Ciencias da Gravación e a Medalla da Liberdade do goberno estadounidense.

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas