Country rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Country rock
Orixes do estilo: folk rock, country, country folk, rockabilly
Orixes culturais: finais dos 60 no sur e no oeste dos Estados Unidos
Instrumentos típicos: guitarra, piano, batería, baixo
Popularidade:
Derivados: roots rock - southern rock - heartland rock - cowpunk - country alternativo

O country rock é un subxénero da música country formado da fusión desta co rock. O termo adoita a usarse para referirse á corrente de músicos de rock que comezou a gravar discos con sabor a country a finais dos anos 60 e comezos dos 70, empezando por Bob Dylan e The Byrds; acadando a súa maior popularidade nos anos 70 con artistas como Emmylou Harris e Eagles.