John Lennon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
John Lennon
Lie In 15 -- John rehearses Give Peace A Chance.jpg
John Lennon en 1969
Nome completo John Winston Ono Lennon
Alias Dr. Winston O'Boogie
Mel Torment
Reverndo Fred Gherkin
John St. John Johnson
Naceu 9 de outubro de 1940
Orixe Liverpool, Inglaterra Inglaterra
Morreu 8 de decembro de 1980 Nova York Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Rock and roll, Art rock
Instrumento(s) Voz, guitarra, piano, harmónica, Baixo, multi-instrumentista
Tipo de voz solista
Selo(s) discográfico (s) Parlophone, Capitol, Apple, CBS, EMI
Relacionado con The Beatles
The Quarrymen
Plastic Ono Band
The Dirty Mac
Tempo en activo 1957-1976, 1980
Na rede
Web oficial

John Winston Ono Lennon, nado en Liverpool o 9 de outubro de 1940 e finado en Nova York o 8 de decembro de 1980 foi un compoñente da banda musical británica The Beatles, activista político, actor e icona do movemento hippie.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cunha certa tradición musical familiar (pero non profesional), John viviu cos seus pais ata que o pai Fred os abandonou: debido a que a súa nai Julia non podía facerse cargo del, foi vivir coa súa tía Mimi. Canda mozo, desenvolveu unha forte miopía e viuse obrigado a levar lentes: no comezo da súa etapa con The Beatles levaba lentes de contacto ou de sol, pero en 1966 readoptou as lentes circulares que o farían famoso. Aínda que vivía separado da nai, visitábaa frecuentemente (e foi a propia nai quen lle ensinou a tocar o banxo), ata que en 1956 a matou un policía que conducía borracho. Isto achegouno á amizade con Paul McCartney, a quen tamén na adolescencia lle morrera a nai de cancro de peito. En 1968, escribiría unha canción titulada co seu nome no seu honor.

A súa tía Mimi conseguiu que o aceptasen na Escola de Arte de Liverpool ensinándolles algúns debuxos do seu sobriño: alí coñecería a súa muller Cynthia Powell, con quen casaría en 1962 por estar embarazada do seu fillo Julian. Porén, pronto rebelouse contra o formalismo educativo e interesouse na música Rock americana, Elvis Presley e Buddy Holly. A finais da década dos 1950 fundou o seu propio grupo skiffle (folk con influencias de jazz e blues) chamado The Quarry Men ("Os homes da panda"), logo The Silver Beetles e pronto abreviado coma The Beatles.

Comezos en The Beatles[editar | editar a fonte]

Como compositor, exerceu de contrapunto ao optimismo de Paul McCartney e dicía directamente o que pensaba: considérase xeralmente que John era mellor letrista e Paul mellor melodista. Nunha entrevista, o 4 de marzo de 1966, John afirma que o cristianismo está en decadencia e que o seu grupo ten máis éxito que o propio Xesús.

Aínda que o artigo pasou inadvertido no Reino Unido, nos Estados Unidos creou un grande escándalo nos grupos conservadores e vetaron a súa música. Pasou o mesmo en Sudáfrica e foi criticado oficialmente en España e no Vaticano. O día 11 de agosto de 1966 ofreceu as súas desculpas nunha rolda de prensa en Chicago, que foron aceptadas polo Vaticano.

Con Yoko Ono[editar | editar a fonte]

No final dunha xira musical e dunha rodaxe o 9 de novembro de 1966, John foi visitar unha exposición artística de Yoko Ono e comezou o romance. Tras dunha viaxe á India en 1968, confesoullo á súa muller, quen pediu o divorcio cando a parella se volveu inseparable en privado e en público. Isto forzou tamén as relacións no grupo musical, mais as tensións xa viñan xestándose polas perspectivas musicais e persoais cada vez máis diferentes e incompatibles.

A finais de 1968, Lennon e Ono traballaron no espectáculo Dirty Mac on the The Rolling Stones Rock and Roll Circus e durante os anos seguintes concentráronse en protestar contra a Guerra do Vietnam (John mesmo devolveu a condecoración de membro da Orde do Imperio Británico outorgada pola raíña para protestar polo apoio británico e a intervención en África). Tras casar en Xibraltar o 20 de marzo de 1969, pasaron a lúa de mel en Amsterdam nunha cama pacifista. Noutra cama pacifista en Montreal gravaron Give peace a chance ("Dádelle unha oportunidade á paz"). Tomados como excéntricos pola prensa pero aínda con grande tirón antibelicista, John cambiou o seu apelido polo de Yoko.

Tras dun accidente de coche en Escocia contra o verán de 1969, no cal os dous inseparables resultarían danados, John gravou con The Beatles o disco Abbey Road, que ...

Carreira en solitario[editar | editar a fonte]

Cando a fin dos Beatles se anunciou oficialmente en 1970, moitos fans acusaron a Yoko de ser a causa da fin dos Beatles. John comezou a se dedicar máis á súa carreira en solitario xa en 1970, lanzando o seu primeiro disco en solitario despois da separación dos Beatles, o álbum John Lennon Plastic Ono Band. Este álbum tiña influencias da terapia primal do Dr. Janov, da cal John participaba na época. Na música "Well, well, well" John di a famosa frase "O soño acabou" en referencia aos Beatles. E en "God", el afirma non crer nos Beatles nin en Deus.

En 1971, John atinxe o éxito co álbum Imagine, canción que tivo moito éxito e se tornou un himno á paz no mundo enteiro. Neste álbum, John ataca o ex-compañeiro musical, Paul McCartney, coa música "How do you sleep ?". Na música, John acusa a Paul de facer música muzak (músicas de elevador) e di que a única cousa que Paul escribiu ben foi a música "Yesterday" e que o ex-compañeiro só sabía escribir cancións de amor tolas (silly love songs). John alegou que Paul sempre o atacaba sutilmente nos seus discos e que "How do you sleep?" era unha resposta a esas provocacións. Paul replicaría co éxito Silly Love Songs.

En 1972, John e Yoko mudáronse para Nova York, nos Estados Unidos e realizaron o álbum Sometime in New York City. Cada vez máis John tomaba unha postura política a favor da paz. O álbum tamén traía músicas de posicións anti-raciais, antisexistas coa música "Woman is the nigger of the world". No disco, John cantou unha música chamada "Sunday Bloody Sunday" en referencia ao Domingo Sangrento acontecido na Irlanda. John recibía na súa casa varios activistas, e criticaba a postura política do presidente americano Richard Nixon. Anos máis tarde o FBI confesou que investigaba a vida de John por causa das súas posturas políticas.

Estatua de John Lennon na Coruña. Figura na inscrición unhas verbas da canción Imagine en inglés, castelán e galego: Imagine nothing to kill or die for.
Imagina que no haya nada por lo que matar o morir.
Imaxina que non haxa nada polo que matar ou morrer.

En 1973, John lanzou o álbum Mind Games e separouse de Yoko. John comezou a frecuentar a noite neoiorquina e comezou a namorarse de May Pang. John e May Pang mudáronse a Os Ánxeles e ela acabou encoraxando a John para que participase máis na vida do seu fillo Julian, froito do primeiro casamento de John con Cyntia.

En 1974, lanzou o álbum Wall and Bridges e alcanzou éxito con "#9Dream" e "Whatever gets you thru the night". Participou tamén nun show de Elton John no Madison Scare Garden. E pouco tempo despois, volveu a vivir con Yoko Ono, índose May Pang. Varios anos despois da morte de John Lennon, Yoko apagaría a voz de May na música "#9 Dream".

No ano seguinte, John lanzou o álbum Rock and Roll, que presentaba as súas versións covers para músicas que ouvía na súa adolescencia. No mesmo ano, despois do nacemento do seu fillo Sean, John abandonou a carreira por un tempo para se dedicar ao fillo e á familia. Ainda en 1975, John gañou o Green card americano, o que lle deu dereito de permanecer morando nos Estados Unidos mesmo sendo estranxeiro.

Despois de cinco anos de reclusión, en 1980, John Lennon volveu gravar un novo álbum, Double Fantasy. En "Starting Over", John fai referencias á súa volta. A música entrou na lista das paradas americanas.

Morte[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Asasinato de John Lennon.

Na noite de 8 de decembro de 1980, cando volvía para o apartamento onde moraba en Nova York, o edificio Dakota, en frente ao Central Park, John abordouno un rapaz que durante o día lle pedira un autógrafo no disco Double Fantasy en frente ao Dakota. O rapaz era Mark David Chapman, un fan dos Beatles e de John, que acabou disparando en John Lennon cun revólver calibre 38. A policía chegou minutos despois e levou a John no propio coche para o hospital. O asasino permaneceu no lugar cun libro nas mans, O vixía no centeo de J.D. Salinger. John morreu despois de perder moito sangue, aos 40 anos de idade. Despois da noticia da morte de John Lennon, que correu o mundo, unha multitude xuntouse en frente ao Dakota, con candeas e cantando músicas de John.

O asasino foi preso, pois permaneceu no lugar. No seu xulgamento alegou ter lido en O vixía no centeo unha mensaxe que dicía que había que matar a John Lennon. Acabou sendo condenado e continua na actualidade en prisión.

Despois da morte de John, creouse un memorial chamado Strawberry Fields Forever no Central Park, en frente ao Dacota. Editáronse algúns discos póstumos, como Milk and Honey, con sobras de músicas do disco Double Fantasy. Varias colectáneas e un disco chamado Accoustic foi lanzados en 2005. Yoko Ono administra todo o que se refire a John Lennon, as súas músicas en carreira en solitario, os seus vídeos e filmes.

Discografía oficial[editar | editar a fonte]

Cita[editar | editar a fonte]

A vida é o que che sucede mentres estás a facer outros planos
John Winston Ono Lennon

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: John Lennon

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]