Rabino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rabino (do hebraico clásico רִבִּי ribbi; no hebraico moderno רַבִּי rabbi) dentro do xudaísmo significa "profesor, mestre" ou literalmente "grande". A palabra "Rabbi" ("Meu Mestre") deriva da raíz hebraica Rav, que no hebraico bíblico significa "grande" ou "distinto" (en coñecemento).

No xudaísmo, Rabino é un título empregado para distinguir aquel que ensina, aquel que ten a autoridade dos doutores da Torá ou aquel apuntado polos líderes relixiosos da comunidade. Hoxe os rabinos son os responsables polo ensino e aplicación dos ensinos do xudaísmo. Ao contrario doutras relixións, o rabino non é un sacerdote, non sendo estritamente preciso para a realización da maioría dos actos do ciclo de vida xudaico, como o casamento, bar-mitzvá, sepulturas etc. Os únicos actos que exixen a participación dun rabino son o xet (divorcio) e litixios que esixan a decisión dun tribunal rabínico.

Porén, en nosos días, en gran parte pela laicización da comunidade xudaica, os rabinos asumiron o papel de condutores da maior parte das cerimonias relixiosas. Aínda así, no xudaísmo non hai a figura do "representante de Deus" ou de unha persoa con un contacto especial coa divindade, pois cada individuo é considerado como dotado de unha ligazón directa con Deus.