Sebastião Salgado
Sebastião Ribeiro Salgado (Aimorés, 8 de febreiro de 1944) é un fotógrafo brasileiro.
Nascido en Minas Gerais, é un dos máis recoñecidos fotoxornalistas da actualidade. Nomeado como representante especial da UNICEF o 3 de abril de 2001, dedicouse a facer crónicas sobre a vida das persoas excluídas, traballo do cal xurdiron dez libros e varias exposicións.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formado em economía pola Universidade de São Paulo, traballou na Organización Internacional do Café en 1973. Deixou a economía pola fotografía após viaxar á África levando emprestada a cámera fotográfica da súa dona, Lélia Wanick Salgado.
O seu primeiro libro, Outras Américas, sobre os pobres na América Latina, foi publicado en 1986. Cunha temática relacionada publicou Sahel: O Homem em Pânico (1986), resultado dunha longa colaboración coa ONG Médicos sen Fronteiras cubrindo a seca no Norte da África.
Entre 1986 e 1992, concentrouse na documentación do traballo manual em todo o mundo, do que sairía a obra Trabalhadores rurais. De 1993 a 1999 centrouse nos éxodos e desaloxamentos masivos de persoas, dando as obras Êxodos e Retratos de Crianças do Êxodo, publicados en 2000.
Publicacións [editar]
- Trabalhadores (1996) ISBN 8571645884
- Terra (1997) ISBN 8420428744
- Serra Pelada (1999) ISBN 2097542700
- Outras Américas (1999) ISBN 8571649030
- Retratos de Crianças do Êxodo (2000) ISBN 8571649359
- Êxodos (2000) ISBN 8571649340
- O Fim do Pólio (2003) ISBN 8535903690
- Um Incerto Estado de Graça (2004) ISBN 9722109839
- O Berço da Desigualdade (2005) ISBN 8576520389
- África (2007) ISBN 3822856223
Premios e distincións [editar]
- Príncipe de Asturias das Artes, 1998.
- Premio Eugene Smith de Fotografía Humanitaria.
- Premio World Press Photo
- The Maine Photographic Workshop ao mellor libro foto-documental.
- Membro honorario da Academia Americana de Artes e Ciencia' nos Estados Unidos.
- Premio pola libro Trabalhadores.
- Medalla de prata Art Directors Oub nos Estados Unidos.
- Premio Overseas Press Oub oí America.
- Alfred Eisenstaedt Award da Magazine Photography.
- Premio Unesco categoría cultural no Brasil.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Amazonas Images: axencia de fotoxornalismo de Sebastião Salgado
- Lista de premios e distincións do fotógrafo.
- Instituto Terra Instituto de Educação Ambiental e Reflorestamento da Mata Atlântica, creado por Salgado e a sua dona.