Halldór Laxness

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Halldór Laxness
Halldór Kiljan Laxness 1955.jpg
Halldór Kiljan Laxness
Datos persoais
Nacemento 23 de abril de 1902
Lugar Reiquiavik
Falecemento 8 de febreiro de 1998
Lugar Reiquiavik
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Islandés
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}
Halldór Laxness.

Halldór Kiljan Laxness (/ˈhaltour ˈcʰɪljan ˈlaxsnɛs/), nado como Halldór Guðjónsson en Reiquiavik o 23 de abril de 1902, e finado na mesma cidade o 8 de febreiro de 1998, foi un escritor, poeta e ensaísta islandés, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1955.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Sigríður Halldórsdóttir (nacida en 1872) e Guðjón Helgason (nacido en 1870). Trasladouse a Laxnes (Mosfellsbær) en 1905, unha área máis rural ao norte da capital. Pronto empezou a ler libros e escribir historias.

Con apenas 14 anos, publicou un artigo no diario Morgunblaðið. O seu primeiro libro, a novela Barn náttúrunnar, foi escrito cando tiña 17 anos. Viaxou moito, vivindo en Europa tras a Primeira Guerra Mundial, visitando Rusia no seu período stalinista, América xusto antes da Gran Depresión e a India baixo Nehru.

En 1922, Laxness uniuse á abadía de San Mauricio en Clervaux, Luxemburgo. Os monxes seguían as regras de San Bieito de Nursia. Laxness bautizouse e confirmou na Igrexa Católica en 1923. Foi entón cando adoptou o apelido de Laxness e engadiu o nome de Kiljan (polo mártir islandés San Killian).

Entre os muros da abadía practicaba o estudo persoal, lía libros e estudaba francés, latín, teoloxía e filosofía. Mentres estivo alí, escribiu a historia Undir Helgahnjúk, publicada en 1924. Pouco despois do seu bautizo, fíxose membro dun grupo que predicaba pola conversión dos países nórdicos.

Pero a relixiosidade de Laxness non durou mucho. Durante unha visita a América, sentiuse atraído polo socialismo. En parte pola influencia de Upton Sinclair, de quen se fixo amigo en California, Laxness subiuse ao carro socialista, escribindo ensaios burlescos e satíricos sobre as súas impresións de viaxes por Rusia, Europa e Sudamérica. Foi a Islandia, Canadá e California (1927-1930) para fortalecerse na idea do comunismo.

Nos anos 30 converteuse no "apóstolo da nova xeración" e atacaba fortemente a Einar Hjörleifsson Kvaran, un escritor influente que tamén estaba sendo considerado para o Premio Nobel.

A desmoralización do período de ocupación nunca se describiu tan dramaticamente como Hallodr Laxness en Atómstöðin (1948), onde se describe unha sociedade de postguerra en Reykjavik completamente trastornada pola avalancha de ouro estranxeiro.

Laxness mudouse a Estados Unidos e intentou facer películas na metade do século XX. Volveu a Islandia en 1945 e estableceuse en Gljúfrasteinn, Mosfellsdalur, até a súa morte. A súa casa en Gljúfrasteinn é agora un museo operado polo Goberno Islandés.

Laxness volvería ás súas raíces católicas ao final, solicitando un funeral católico.

Casou dúas veces e tivo catro fillos. Laxness morreu en 1988 aos 95 anos.

Carreira literaria[editar | editar a fonte]

Durante a súa carreira, Laxness escribiu poesía, artigos periodísticos, obras de teatro, literatura de viaxes, historias curtas e quince novelas. As maiores influencias na súa literatura inclúen a Freud, Nietzsche, Strindberg e Proust. En 1955, Laxness gañou o Premio Nobel de Literatura polo seu "poder vívido e épico que renovou a gran narrativa islandesa".

Traballos sobre Laxness[editar | editar a fonte]

Unha biografía de Laxness por Halldór Guðmundsson obtivo o premio literario islandés polo mellor traballo de non-ficción en 2004. En 2005 o Teatro Nacional de Islandia premiou unha obra de Ólafur Haukur Símonarson, chamada Halldór í Hollywood (Halldór en Hollywood) sobre os anos que Laxness pasou en Estados Unidos. Hannes Hólmsteinn Gissurarson escribiu unha polémica biografías pola que a familia de Halldór Laxness o denunciou.

Obras[editar | editar a fonte]

  • 1919: Barn náttúrunnar (novela).
  • 1923: Nokkrar sögur (contos).
  • 1924: Undir Helgahnúk (novela).
  • 1925: Kaþólsk viðhorf (ensaio).
  • 1927: Vefarinn mikli frá Kasmír (novela).
  • 1929: Alþýðubókin (crónicas).
  • 1930: Kvæðakver (poemas).
  • 1931: Salka Valka (Parte I, Þú vínviður hreini, novela).
  • 1932: Salka Valka (Parte II Fuglinnn í fjörunni, novela).
  • 1933: Fótatak manna (contos).
  • 1933: Í Austurvegi.
  • 1934: Straumrof (teatro).
  • 1934: Sjálfstætt fólk (Parte I, Landnámsmaður Íslands, novela).
  • 1935: Sjálfstætt fólk (Parte II, Erfiðir tímar, novela).
  • 1935: Þórður gamli halti (contos).
  • 1937: Dagleið á fjöllum (crónicas).
  • 1937: Heimsljós (Parte I, Ljós heimsins, máis tarde, Kraftbirtíngarhljómur guðdómsins, novela).
  • 1938: Gerska æfintýrið.
  • 1938: Heimsljós (Parte II, Höll sumarlandsins, novela).
  • 1939: Heimsljós (Parte III, Hús skáldsins, novela).
  • 1940: Heimsljós (Parte IV, Fegurð himinsins, novela).
  • 1942: Vettvángur dagsins (crónicas).
  • 1942: Sjö töframenn (contos).
  • 1943: Íslandsklukkan (Parte I, Íslandsklukkan, novela).
  • 1944: Íslandsklukkan (Parte II, Hið ljósa man, novela).
  • 1946: Íslandsklukkan (Parte III, Eldur í Kaupinhafn, novela).
  • 1946: Sjálfsagðir hlutir (ensaios).
  • 1948: Atómstöðin (novela).
  • 1950: Reisubókarkorn (crónicas).
  • 1950: Snæfríður Íslandssól (teatro).
  • 1952: Gerpla (novela).
  • 1952: Heiman eg fór (novela).
  • 1954: Silfurtúnglið (teatro).
  • 1954: Þættir (contos).
  • 1955: Dagur í senn (crónicas).
  • 1957: Brekkukotsannáll (novela).
  • 1959: Gjörníngabók (crónicas).
  • 1960: Paradísarheimt (novela).
  • 1961: Strompleikurinn (teatro).
  • 1962: Prjónastofan Sólin (teatro).
  • 1963: Skáldatími (crónicas).
  • 1964: Sjöstafakverið (contos).
  • 1965: Upphaf mannúðarstefnu (crónicas).
  • 1966: Dúfnaveislan (teatro).
  • 1967: Íslendíngaspjall (crónicas).
  • 1968: Kristnihald undir Jökli (novela).
  • 1969: Vínlandspúnktar (crónicas).
  • 1970: Innansveitarkronika (novela).
  • 1970: Úa (teatro).
  • 1971: Yfirskygðir staðir (crónicas).
  • 1972: Guðsgjafaþula (novela).
  • 1972: Norðanstúlkan (teatro).
  • 1974: Þjóðhátíðarrolla (crónicas).
  • 1975: Í túninu heima (memorias I).
  • 1976: Úngur eg var (memorias III).
  • 1977: Seiseijú, mikil ósköp (crónicas).
  • 1978: Sjömeistarasagan (memorias II).
  • 1980: Grikklandsárið (memorias IV).
  • 1981: Við heygarðshornið (crónicas).
  • 1984: Og árin líða (crónicas).
  • 1986: Af menníngarástandi (crónicas).
  • 1987: Dagar hjá múnkum (memorias).
  • 1987: Sagan af brauðinu dýra (conto).
  • 1992: Jón í Brauðhúsum (conto).
  • 1992: Skáldsnilld Laxness.
  • 1996: Fugl á garðstaurnum og fleiri smásögur (contos).
  • 1997: Únglíngurinn í skóginum (poema).
  • 1998: Perlur í skáldskap Laxness.
  • 1999: Úngfrúin góða og Húsið (conto).
  • 2000: Smásögur (contos).
  • 2001: Gullkorn úr greinum Laxness.
  • 2001: Kórvilla á Vestfjörðum og fleiri sögur (contos).
  • 2001: Laxness um land og Þjóð.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]