Vicente Aleixandre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente Aleixandre
Nacemento26 de abril de 1898
 Sevilla
Falecemento14 de decembro de 1984
 Madrid
Causatuberculose
SoterradoCemiterio de La Almudena
NacionalidadeEspaña
EtniaPobo español
Alma máterResidencia de Estudiantes
Ocupaciónpoeta, escritor e mestre
XénerosPoesía
PremiosPremio Nobel de Literatura, Premio Nacional de Literatura de España, Premio da Crítica Española, Premio da Crítica Española e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
Na rede
Dialnet: 158276 Musicbrainz: ddcc7f8a-8732-42bf-b5aa-d1bf540f38f2 Discogs: 2693265 Find a Grave: 7293339 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vicente Pío Marcelino Cirilo Aleixandre y Merlo nado en Sevilla o 26 de abril de 1898 e finado en Madrid o 13 de decembro de 1984, foi un poeta español, pertencente á xeración do 27 e Premio Nobel de Literatura en 1977.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia burguesa andaluza, pasa a súa infancia en Málaga e trasládase a Madrid onde estuda dereito e comercio. En 1917 coñece a Dámaso Alonso, que o inicia na poesía e o pon en contacto coa obra de Rubén Darío, Antonio Machado e Juan Ramón Jiménez. Entre 1920 e 1922 foi profesor de dereito mercantil na Escola de Comercio. En 1925 diagnostícaselle unha nefrite tuberculosa e observa un longo período de descanso e illamento, que aproveitará para ler a poesía de San Xoán da Cruz, Frei Luis de León e Luis de Góngora. En 1926 publica os seus primeiros poemas na Revista de Occidente. Nos anos trinta o poeta coñece a Andrés Acero e ambos os dous comezan unha intensa relación amorosa que será interrompida polo exilio a México de Andrés após a Guerra Civil. En palabras de Molina Foix, “Vicente Aleixandre era moi pudoroso da súa condición homosexual polo dano que puidese facer á súa familia, sobre todo á súa irmá, pero a min díxome que cando morrese, non lle importaría que se soubese toda a verdade; na realidade consideraba que non era ningunha deshonra”. A pesar da súa ideoloxía de esquerdas trala guerra civil española permanece en España, aínda que por un tempo non se lle permite publicar.

Obra poética[editar | editar a fonte]

No seu primeiro libro, Ámbito (1928), predomina o verso asonantado e a estética da poesía pura ao estilo de Juan Ramón Jiménez. Nos seus seguintes libros, inspirado polos precursores do surrealismo, en especial Arthur Rimbaud e Lautréamont adopta o poema en prosa (Pasión de la tierra, 1935) e o verso libre (Espadas como labios, 1932; La destrucción o el amor, 1933; Sombra del paraíso, 1944), cunha estética irracionalista e na expresión achégase á escrita automática.

Trala guerra achégase á poesía social, cun estilo máis sinxelo, dúas son as obras máis importantes deste período Historia del corazón (1954) e En un vasto dominio (1962).

Na poesía dos últimos anos volve ao irracionalismo xuvenil, aínda que máis depurado e sereno.