Oslo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°55′0″N 10°45′23″E / 59.91667°N 10.75639°E / 59.91667; 10.75639

Oslo
Oslo komm.png
Oslo city in 10 images.jpg
Situación xeográfica
Oslo en Noruega
Oslo
Oslo
País Noruega Noruega
Condado Condado de Oslo
Distrito Østlandet
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 454 km²
Poboación
Poboación 560484 hab. (2008)
Densidade 1315 hab./km²
Información
Código postal
Alcalde Fabian Stang (Høyre))
Páxina web [1]

Oslo (tamén chamada Christiania 1624-1878, Kristiania 1878-1924) é a capital e a cidade máis habitada de Noruega. Segundo o censo de xullo do 2006 a cidade tiña 544.073 habitantes. A cidade cos concellos limítrofes ten 825.10 habitantes. Oslo ten un ritmo de crecemento anual duns 15.000 habitantes.

O centro de Oslo sitúase no final do Oslofjord, dende o cal a cidade se estende polas dúas beiras do fiorde. A área metropolitana de Oslo ou Grande Oslo esténdese polos arrabaldes e concellos próximos á cidade formando unha concentración duns 1.300.000 habitantes. En toda a rexión do fiorde de Oslo viven un total de 1,7 millóns de habitantes.

O 22% da poboacíon da cidade está composta por inmigrantes.

Orixe etimolóxica[editar | editar a fonte]

O significado do nome de Oslo foi obxecto de numerosos debates. Oslo deriva do nórdico antigo, sendo, con toda probabilidade, o nome dunha vasta granxa no lugar dos primeiros asentamientos en Bjørvika.

Durante a Idade Media o nome, ao principio, foi deletreado 'Ásló', para máis tarde obter 'Ósló'. A ortografía máis temperá suxire que o primeiro compoñente 'ás' refírese a calquera das cristas Ekeberg, ao sueste da cidade ('ås' no noruegués moderno), ou ao homónimo nórdico que quere dicir 'o deus' ou 'a divinidade'. As interpretacións máis probables polo tanto serían 'a pradería baixo a crista' ou 'a pradería dos deuses'. Ambos son igualmente plausibles.

Vista do casco antigo de Oslo

Un incendio en 1624 destruíu gran parte da cidade medieval (a sección agora coñecida como Gamlebyen) e a cidade foi reubicada preto da Fortaleza de Akershus. O Rei Christian IV de Dinamarca e Noruega renomeou a rebautizada cidade como Christiania (ou Cristianía, en galego). Dende finais de 1800, o nome da cidade apareceu escrito tamén como "Kristiania". Non se aprobou oficialmente ningunha delas, polo que ambas as dúas eran válidas e aceptábanse os seus usos. O nome orixinal de Oslo foi restaurado por unha lei do 11 de xullo de 1924, sendo efectiva a partir do 1 de xaneiro de 1925.

Cando eu era xove, non chamaron á capital de Noruega Oslo. Chamáronlle Kristiania. Pero nalgún sitio ao longo da historia, os noruegos decidiron abolir aquel bonito nome e chamalo, en cambio, Oslo. -- Roald Dahl, Boy

A cidade foi unha vez referida como Tigerstaden (a Cidade dos Tigres) polo escritor Bjørnstjerne Bjørnson cara a 1870, debido á súa percepción da cidade como un lugar frío e perigoso. Durante anos, este nome obtivo un status case oficial, chegando a celebrarse o 1000 aniversario da cidade cunha fileira de esculturas de tigres ao redor do concello. A existencia de persoas sen fogar e outros esmoleiros conduciu a reformular o alcume de Tigerstaden á Cidade dos Esmoleiros. Isto plamouno o escritor Knut Hamsun de xeito moi dura na súa novela Sult (Fame, en galego) en 1890 (levada ao cine en 1966 por Henning Carlsen).