Gabriel García Márquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
'
Nobel prize medal.svg
Gabriel García Márquez'
Gabriel Garcia Marquez 1984.jpg
Gabriel García Márquez
Datos persoais
Nacemento 6 de marzo de 1927
Lugar Aracataca, Magdalena Flag of Colombia.svg Colombia
Falecemento 17 de abril de 2014, 87 anos.
Lugar Cidade de México
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe Mercedes Barcha
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua castelán
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros novela e conto
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Gabriel Marquez Signature.png
{{{web}}}

{{{notas}}}

Gabriel José de la Concordia García Márquez, nado en Aracataca o 6 de marzo de 1927[1] e finado en Cidade de México o 17 de abril de 2014, foi un escritor, xornalista, editor e activista político colombiano. É considerado un dos autores máis significativos do século XX. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1982, segundo a laudatoria da Academia Sueca polas súas novelas e historias curtas, nas que o fantástico e o real son combinados nun tranquilo mundo de imaxinación rica, reflectindo a vida e os conflitos dun continente[2].

O xénero utilizado por García Márquez é o realismo máxico, sendo a súa novela máis recoñecida, Cien años de soledad, unha das máis representativas deste xenero. Ademais do seu talento literario, na obra de García Márquez aparecen reflexadas as súas ideas políticas[3]. Un exemplo da súa participación política é a súa amizade co líder cubano Fidel Castro[4] .

Coñecido familiarmente como "Gabo" (e tamén Gabito) (hipocorístico guajiro para Gabriel), desde que o seu compañeiro do diario bogotano El Espectador, José Salgar, comezase a chamalo así.

Biografía[editar | editar a fonte]

Infancia e mocidade[editar | editar a fonte]

Fillo de Gabriel Eligio García e de Luisa Santiaga Márquez Iguarán. A historia de amor dos seus pais, á que se opuñan os pais dela, serviu de orixe para a novela El amor en los tiempos del cólera.

Pouco despois do nacemento de Gabriel o seu pai converteuse en farmacéutico, e en xaneiro de 1929 mudouse con Luisa a Barranquilla, deixando a Gabriel en Aracataca cos seus avós maternos. Recibiu forte influencia do seu avó, o coronel Márquez, un liberal veterano da Guerra dos Mil Días, coñecido pola súa negativa a calar sobre a Masacre de Ciénaga, suceso no que morreron centos de persoas a mans das Forzas Armadas de Colombia durante unha folga dos traballadores das bananeiras, feito que o escritor recolleu na súa obra.

A súa avoa, Tranquilina Iguarán Cotes, tamén influíu na súa obra, debido á súa natureza supersticiosa e partidaria das crenzas populares. Trataba o extraordinario como algo perfectamente natural, sendo a orixe dunha visión da realidade máxica, supersticiosa e sobrenatural. As historias que contaba a súa avoa eran referidos como unha verdade irrefutable, sen importar que fosen fantásticas ou improbables. Este estilo sería o usado en Cien años de soledad[5].

O seu avó morreu en 1936, cando Gabriel tiña oito anos, e debido á cegueira da súa avoa foi vivir cos seus pais a Sincelejo.

A súa infancia está relatada nas súas memorias Vivir para contarla.

Educación[editar | editar a fonte]

Pouco despois de chegar a Sucre foi enviado a un internado en Barranquilla, onde comezou a escribir poemas humorísticos e a debuxar tiras cómicas. Era chamado el viejo polos seus compañeiros de clase porque era serio e pouco dado ás actividades atléticas. García Márquez cursou os primeiros graos de secundaria no colexio xesuíta San José desde 1940. Alí publicou os seus primeiros poemas na revista escolar Juventud.

Graduouse en 1947, e marchou a Bogotá a estudar Dereito na Universidad Nacional de Colombia. Alí leu A metamorfose de Franz Kafka, obra que o inspirou especialmente a escribir, non literatura tradicional senón nun estilo similar ás historias da súa avoa, con acontecementos extraordinarios e anomalías como simplemente un aspecto da vida cotiá. O seu primeiro conto publicado foi La tercera resignación, que apareceu o 13 de setembro de 1947 no diario El Espectador.

Despois do «Bogotazo» do 9 de abril de 1948, disturbios tralo magnicidio do líder popular Jorge Eliécer Gaitán, a universidade pechou indefinidamente e a súa pensión foi incendiada. García Márquez mudouse á Universidade de Cartagena e empezou a traballar como correspondente de El Universal. En 1950 abandona Dereito e céntrase no Xornalismo, regresando a Barranquilla para traballar en El Heraldo. Aínda que García Márquez nunca terminou os seus estudos superiores, foi nomeado doctor honoris causa por algunhas universidades.

Familia[editar | editar a fonte]

García Márquez casou en 1958 con Mercedes Barcha, á que coñecía desde os 13 anos. En 1961 tiveron o seu primeiro fillo, Rodrigo. En 1961 instalouse en New York como correspondente de Prensa Latina. Tras recibir ameazas e críticas da CIA e do exiliado cubano, que non compartían o contido das súas reportaxes, decidiu trasladarse a México. Posteriormente establecéronse en Cidade de México. Tres anos despois, naceu o seu segundo fillo, Gonzalo.

Fama[editar | editar a fonte]

Cien años de soledad foi publicada en xuño de 1967, e n primeira semana vendeu 8.000 exemplares, medio millón de copias en tres anos. Foi traducida a máis de vinte e catro idiomas e gañou catro premios internacionais. En 1969 gañou o Chianchiano Aprecia en Italia e foi designado «Mellor Libro Estranxeiro» en Francia. En 1970 foi publicado en inglés e foi escollido un dos mellores doce libros do ano nos Estados Unidos. Dous anos despois concedéuselle o Premio Rómulo Gallegos e o Premio Neustadt, e en 1971 Mario Vargas Llosa publicou un libro acerca da súa vida e obra.

En 1971 marchou coa súa familia a Barcelona, logo de problemas co réxime trala publicación de Relato de un náufrago. Por mor das súas ideas sobre o Imperialismo dos EUA, foi etiquetado como subversivo e durante varios anos negóuselle o visado, até a chegada de Bill Clinton á Casa Branca, proclamando o presidente que Cien años de soledad era a súa novela favorita.

En 1981, ano en que lle foi concedida a medalla de honra da Lexión francesa, regresou a Colombia dunha visita con Castro, e foi acusado polo goberno conservador de financiar o grupo liberal de guerrilleiros M-19. Pediu refuxio político e foi recibido en México.

Entre 1986 e 1988 Márquez viviu en Cidade de México, La Habana e Cartagena de Indias. Escribiu a súa primeira obra de teatro, Diatriba de amor contra un hombre sentado, e en 1988 estrenouse a película Un señor muy viejo con unas alas enormes, dirixida por Fernando Birri.

En 1996 García Márquez publicou Noticias de un secuestro, combinando a orientación testemuñal do xornalismo co seu propio estilo narrativo. Esta historia representa a onda inmensa de violencia e secuestros que Colombia continuaba a sufrir.

En 2002 completou Vivir para contarla, as súas memorias.

Estilo[editar | editar a fonte]

Se ben hai aspectos comúns na obra de García Márquez, como o humor, non hai un estilo claro e predeterminado. Deixa fóra detalles e eventos aparentemente importantes, de xeito que o lector adopta un rol máis participativo na historia.

Temas[editar | editar a fonte]

Hai varios temas recursivos, como a soedade, relacionándoa con América Latina. A aldea de Macondo aparece reflexada como un lugar imaxinario e máxico. O concepto de Macondo trascendeu a obra literaria, estando a súa existencia condicionada á presenza da palabra escrita. A violencia aparece en varias das súas obras, situacións inxustas da desintegración social.

Na súa obra tamén se busca captar a identidade cultural latinoamericana e particularizar os trazos do mundo caribeño, deconstruíndo as normas sociais establecidas nesa rexión.

Influencias literarias[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade García Márquez relacionouse cun círculo literario, o grupo de Barranquilla, cos que comezoua ler entre outros a Hemingway, Joyce e Faulkner. Tamén acudiu aos clásicos, encontrando enorme inspiración en Edipo Rei de Sófocles.

Obra[editar | editar a fonte]

  • La hojarasca (1955).
  • Relato de un náufrago (1955).
  • El coronel no tiene quien le escriba (1961).
  • Los funerales de la Mamá Grande (1962).
  • La mala hora (1962).
  • Cien años de soledad (1967).
  • Monólogo de Isabel viendo llover en Macondo (1968).
  • Relato de un naúfrago (1970).
  • La increíble y triste historia de la cándida Eréndira y de su abuela desalmada (1972).
  • Cuando era feliz e indocumentado (1973).
  • Ojos de perro azul (1974).
  • El otoño del patriarca (1975).
  • Todos los cuentos (1947-1972) (1976).
  • Crónica de una muerte anunciada (1981).
  • Textos costeños (1981).
  • Viva Sandino (1982).
  • El olor de la guayaba (1982).
  • El secuestro (1982).
  • El amor en los tiempos del cólera (1985).
  • El general en su laberinto (1989).
  • Doce cuentos peregrinos (1992).
  • Del amor y otros demonios (1994).
  • Noticia de un secuestro (1996).
  • Obra periodística 1: Textos costeños (1948-1952).
  • Obra periodística 2: Entre cachacos (1954-1955).
  • Obra periodística 3: De Europa y América (1955-1960).
  • Obra periodística 4: Por la libre (1974-1995).
  • Obra periodística 5: Notas de prensa (1980-1984).
  • Erendira.
  • Chile, el golpe y los gringos.
  • Vivir para contarla (2002).
  • Memoria de mis putas tristes (2004).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En varias edicións das súas obras e ata en biografías dáse 1928 como ano de nacemento de García Márquez; el mesmo situouno nesa data ás veces. No entanto, estudiosos do autor e o seu propio pai, Gabriel Eligio García, afirman que foi 1927, punto que queda confirmado nas súas memorias, Vivir para contarla. Véxase Ploetz, Dagmar (2004) (en castelán). Gabriel García Márquez. EDAF. p. 13. ISBN 9788441414488. http://books.google.es/books?id=PtH5anmifdMC&lpg=PP1&pg=PA13.
    e tamén Flores, Ángel (1982) (en castelán). Narrativa hispanoamericana 1816-1981: historia y antología. La generación de 1940-1969, Volumen 4. Siglo XXI. p. 429. ISBN 9789682310898. http://books.google.es/books?id=812qaztsJaQC&lpg=PP1&pg=PA429.
  2. Premios Nobel 1982 (en inglés).
  3. Estrada Villa, A.: El poder político en la novelística de García Márquez. Medellín: Universidad Pontificia Bolivariana, 2006. ISBN 978-958-696-473-6 (en castelán).
  4. Esteban, Ángel, e Panichelli, Stephani: Gaby y Fidel: El Paisaje de Una Amistad. Editorial Espasa-Calpe, Madrid, 2003. ISBN 84-670-1263-3 (en castelán).
  5. Belle-Villada, G.: García Márquez: The man and his work. 1. Chapel Hill: University of North Carolina Press, 1990. (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gabriel García Márquez
Predecesor:
Elias Canetti
Premio Nobel de Literatura
Nobel prize medal.svg

1982
Sucesor:
William Golding