Jesús López Cobos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jesús López Cobos
Nome completo Jesús López Cobos
Naceu 25 de febreiro de 1940
Orixe Toro, España España
Ocupación (s) Director de orquestra

Jesús López Cobos, nado o 25 de febreiro de 1940 en Toro (España), é un director de orquestra español. Ao longo da súa traxectoria ten dirixido á maioría das grandes orquestras europeas e americanas

Traxectoria[editar | editar a fonte]

López Cobos estudou na Universidad Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e Letras en 1964. Posteriormente interesouse na música, estudando dirección de orquestra con Franco Ferrara e Hans Swarowsky, e diplomándose en composición en 1966 no Conservatorio de Madrid. Foi galardoado nos Concursos de Besançon e Copenhaguen (Nikolai Malko)

Grazas a unha bolsa de estudos puido trasladarse a Nova York para ampliar os seus estudos musicais, debutando como director sinfónico en Praga e como director de ópera en Venecia en 1969. A partir dese momento conseguiu dirixir á maioría das orquestras sinfónicas e filharmónicas do mundo como director invitado. En 1971 foi invitado pola Deutsche Oper Berlin, que en 1981 o nomeou Director Xeral de Música. Durante os anos que permaneceu na capital alemá, ata 1990, levou as producións da Ópera Berlinesa a Washington e Xapón, onde se ofreceu por primeira vez a Tetraloxía de Richard Wagner completa.

En 1975, López Cobos debutou nos Ánxeles e Londres coas súas respectivas orquestras filharmónicas, sendo durante seis anos o principal director invitado da London Filharmonic Orchestra, orquestra coa que realizou xiras por Xapón e España.

Entre 1984 e 1988 Director da Orquesta Nacional de España, entre 1986 e 2000 Director da Cincinnati Symphony Orchestra (orquestra que o nomeou director musical emérito), e entre 1990 e 2000 director principal da Orchestre de Chambre de Lausanne. Dende 2003 ata 2010 foi o musical do Teatro Real de Madrid.

O mestre López Cobos foi o primeiro director español que subiu ao podio do Teatro alla Scala de Milán, da Royal Opera House (Covent Garden) de Londres, da Opéra national de Paris e da Metropolitan Opera de Nova York.

López Cobos é, xunto con Krzysztof Penderecki, director honorífico da Área Musical da Fundación Príncipe de Asturias.[1]

Discografía[editar | editar a fonte]

López Cobos ten gravado para selos como Philips, Decca, Virgin, Teldec, Telarc, Denon, Claves, Cascavelle, etc. Salientan as gravacións realizadas coa Cincinnati Symphony Orchestra, coa que gravou en exclusiva para Telarc obras de Falla, Ravel, Bizet, Franck, Mahler, Respighi, Villa-Lobos ou Shostakovich entre outros, sendo nominado a un Grammy en 2003. Tamén ten rexistrado o ciclo das sinfonías de Bruckner. Ten realizado gravacións para Denon dun ciclo de sinfonías de Haydn coa Orchestre de Chambre de Lausanne, así como unha serie de óperas de Rossini para o selo Teldec.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa traxectoria, López Cobos ten recibido numerosos galardóns pola súa labor:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]