Folk rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folk rock
Orixes do estilo: música tradicional, rock, pop
Orixes culturais: anos 60 nos Estados Unidos
Instrumentos típicos: guitarra eléctrica e acústica, baixo, batería, piano
Popularidade: principalmente a finais dos 60 e principios dos 70. Aínda ten unga grande base de fans na actualidade

O termo Folk rock alude a unha corrente musical xurdida a mediados da década de 1960 na que se combinaban o folk norteamericano e anglosaxón co entóns emerxente Pop psicodélico.

Nacemento[editar | editar a fonte]

Esta denominación popularizouse en todo o mundo en 1965, cando a banda californiana The Byrds gravou unha versión da canción "Mr. Tambourine Man" de Bob Dylan. Nela, o grupo anxelino utilizaba os xogos de voces característicos do pop xunto con cristalinas guitarras eléctricas sobre a base da canción de Dylan.

Este novo son fixo que o cantautor americano planteárase engadir elementos pop e rock á súa música. Así, cando no festival Folk de Newport no 1965, Bob Dylan utilizou a guitarra eléctrica e unha banda de acompañamento, o público abucheouno clamorosamente.

Hai que lembrar que naquela época, o folk nos Estados Unidos era un vehículo para expresar a crítica e o descontento coa sociedade establecida e moi especialmente coa guerra de Vietnam, proba delo eran as reivindicativas letras dos seus dous máximos expoñentes nese momento: Joan Baez e o propio Bob Dylan. O público folk estaba formado fundamentalmente por activistas de esquerda e universitarios progresistas que consideraban ao rock e o pop coma xéneros superficiais e pouco comprometidos.

Probabelmente estes dous feitos foron os que marcaron o nacemento do Folk Rock. A partir deste momento, moitos artistas provintes tanto do folk coma do pop comezaron tamén a fusionar ambos estilos convirtíndose así o Folk Rock nunha das principais influencias do Rock psicodélico, puidendo considerar a moitos dos seus artistas coma membros de ambas correntes.