Teresa Berganza
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa Berganza, nada en Madrid o 16 de marzo de 1935, é unha célebre mezzosoprano española, asociada frecuentemente con persoaxes de óperas de Rossini, Mozart e Bizet. É admirada pola súa técnica, musicalidade e presenza en escena. Estudou piano e canto no Conservatorio de Madrid, onde obtivo o primeiro premio de canto en 1954. Debutou nesa cidade en 1955. Entre os seus alumnos figuran Jorge Chaminé e María Bayo. Premio Príncipe de Asturias das Artes, é membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Premio Nacional de Música e doutor honoris causa de diversas universidades.