Gerhart Hauptmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'
Nobel prize medal.svg
Gerhart Hauptmann'
Datos persoais
Nacemento 15 de novembro de 1862
Lugar Obersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia)
Falecemento 6 de xuño de 1946
Lugar Agnetendorf, Alemaña Alemaña
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Alemá
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Novela, poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Hauptmann Signature.jpg
{{{web}}}

Gerhart Hauptmann, nado en Obersalzbrunn (actual Szczawno Zdrój, Polonia) o 15 de novembro de 1862 e finado en Agnetendorf o 6 de xuño de 1946, foi un dramaturgo, novelista e poeta alemán.

Biografía e obras[editar | editar a fonte]

Desde a escola da súa cidade natal pasou a Breslau (actual Wrocław, Polonia) e despois foi enviado a aprender agricultura á granxa do seu tío Jauer. Como non lle gustaba este tipo de vida, volveu pronto a Breslau tentando converterse en escultor, de onde pasou a Dresde. De aí foi a estudar filosofía e ciencias naturais na Universidade de Jena.

Pasou a meirande parte dos anos 1883 e 1884 en Italia. En maio de 1885 Hauptmann casou e estableceuse en Erkner, suburbio de Berlín, decantándose finalmente pola literatura na que pronto alcanzou unha gran reputación como un dos principais representantes do drama moderno.

Os teceláns por E. Orlik

En 1891 retirouse a Schreiberhau en Silesia. O primeiro drama de Hauptmann, Vor Sonnenaufgang (Antes do amencer, 1889) inaugurou o movemento naturalista na literatura alemá moderna, conquistando para el a inimizade dos críticos ortodoxos e o apoio entusiasta dos escritores alemáns mozos. Foi seguida por Deas Friedensfest (1890), Einsame Menschen (1891) e Die Weber (Os tejedores, 1892), drama de gran alcance que representa o levantamento dos texedores silesianos en 1844.

Dos seguintes traballos de Hauptmann cabe mencionar as comedias Kollege Crampton (1892), Der Biberpelz (A pel de castor, 1893) e Der rote Hahn (1901), o "poema dramático," Hannele (1893), e un drama histórico, Florian Geyer (1895). Tamén escribiu dúas traxedias relacionadas co pasado de Silesia, Fuhrmann Henschel (1898) e Rose Berndt (1903), e os dramas Die versunkene Glocke (A campá mergullada, 1897) e Und Pippa tanzt (E Pipa baila!, 1905).

O misticismo poético caracteriza moitas das súas obras posteriores como Der Naer in Christo Emanuel Quint (O tolo en Cristo Emanuel Quint, 1910), Der Ketzer von Soana (O herexe de Soana, 1918), Die Insel der grossen Mutter (A illa da Gran Nai, 1921).

Adquiriu fama de intelectual radical, fama que o seguiu durante moitos anos, a pesares de ser un asceta aristocrático que conseguiu sobrevivir tranquilamente a todos os sucesos tanto da República de Weimar como do Terceiro Reich de Hitler.

En 1912 foi galardoado con premio Nobel de Literatura.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 1896: Elga
  • 1900: Michael Kramer
  • 1900: Schluck und Jau
  • 1902: Der arme Heinrich
  • 1906: Gabriel Schillings Flucht
  • 1907: Die Jungfern von Bischofsberg
  • 1908: Kaiser Karls Geisel
  • 1909: Griselda
  • 1912: Peter Brauer
  • 1913: Festspiel in deutschen Reimen
  • 1914: Magnus Garbe, reversionat el 1942
  • 1920: Indipohdi
  • 1925: Veland
  • 1921-1926: Herbert Engelmann
  • 1928: Spuk, dos actes: Die schwarze Maske i Hexenritt)
  • 1933: Die goldene Harfe
  • 1935: Hamlet im Wittenberg
  • 1937: Die Finsternisse
  • 1936-1937: Ulrich von Lichtenstein
  • 1935-1938: Die Tochter der Kathedrale


Novelas[editar | editar a fonte]

  • 1910: Der Narr in Christo Emanuel Quint
  • 1912: Atlantis
  • 1923: Phantom
  • 1926: Wanda, der Dämon
  • 1928: Die Insel der grossen Mutter
  • 1932: Um Volk und Geist
  • 1936: Im Wirbel der Berufung
  • 1937: Der Abenteuer meiner Jugend

Novelas curtas[editar | editar a fonte]

  • 1888: Bahnwärter Thiel
  • 1924: Die Ketzer von Soana
  • 1887-1927: Marginalien, recull
  • 1938: Sonnen
  • 1939: Der Schuss im Park

Poesía[editar | editar a fonte]

  • 1885: Promethidenlos
  • 1921: Anna
  • 1924: Die blaue Blume
  • 1927: Till Eulenspiegel
  • 1934: Das Meerwunder
  • 1912-1942: Der grosse Traum, recull poètic

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En honor seu, púxoselle nome ao asteroide (8381) Hauptmann descoberto o 21 de decembro de 1992 por Freimut Börngen.


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Gerhart Hauptmann