Albert Camus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Albert Camus

Albert Camus, nado en Deraan (Alxeria) o 7 de novembro de 1913 e finado en Villeblevin o 4 de xaneiro de 1960, foi un escritor e filósofo francés, un dos principais membros (con Jean-Paul Sartre) do existencialismo. En 1957 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando Camus tiña un ano o seu pai morreu na batalla do Marne e a familia trasládase a Alxer. En 1932 publica os seus primeiros escritos na revista Sud. Uniuse ao Partido Comunista Francés en 1934 logo do fracaso da revolución de 1934 en España. En 1935 comeza a escribir L'Envers et l'Endroit que se publicou dous anos máis tarde.

Cando no ano 1957, con 44 anos, lle foi concedido o Premio Nobel de Literatura dixo:

Houberon darllo a Malraux

A sociedade parisina e francesa do momento non recibiu o premio e recoñecemento internacional con moito entusiasmo. Pola contra, Sartre o coñecer a noticia dixo: "Ben feito". Tratábase do primeiro Nobel que non procedía da burguesía, senon dos arrabais de Alxer, dunha familia modesta cuxa nai se dedicaba a labores de limpeza.

O discurso que Camus pronunciou na cerimonia de entrega do premio converteuse co tempo nun alegato modelo do compromiso do escritor co seu tempo. Camus dixo en Estocolmo que el, que formaba parte da xeración dos xoves que querian cambiar o mundo, sentíase agora inclinado a conservalo.

Unha das súas frases que xeraron máis polémicas foron:

Entre a miña nai e a xustiza, sempre preferirei a miña nai
Se nada existe, todo está permitido
Tumba de Albert Camus.

Morreu nun accidente de tráfico só 3 anos despois do galardón.

Obra[editar | editar a fonte]

  • L'Envers et l'Endroit, 1937.
  • Noces, 1938.
  • L'Été, 1938.
  • Le Mythe de Sisyphe, 1942.
  • O estranxeiro, 1942. Tradución ao galego de Valentín Arias López (1990).
  • Caligula, 1944.
  • Le Malentendu, 1944.
  • La Peste, 1947.
  • L'État de siège, 1948.
  • Lettres à un ami allemand, 1948.
  • Os xustos (Les Justes), 1950.
  • L'Homme révolté, 1951.
  • La Chute, 1956.
  • L'Exil et le royaume, 1957.
  • Le Premier Homme (inacabada, publicada pola súa filla; 1994).


Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Albert Camus


Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Albert Camus