Wole Soyinka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wole Soyinka

Wole Soyinka, nado en Abeokuta o 13 de xullo de 1934, é un escritor nixeriano en idioma inglés, o primeiro africano en conseguir o Premio Nobel de Literatura en 1986.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Wole Soyinka naceu no mes de xullo do ano 1934 en Abeokuta, Nixeria, e o seu nome completo é Akinwande Oluwole Soyinka. Comezou os seus estudos superiores na Universidade de Ibadán, que culminaría na Universidade de Leeds, onde retornaría na década de 1970 para conseguir un doutoramento.

Entre 1957 e 1959, traballou no "Royal Court Theatre" de Londres como director e actor. Neste período tamén escribiu tres obras para unha pequena compañía de actores que recrutara. Aínda que moitos escritores africanos rexeitaban o uso das linguas europeas debido á asociación entre Europa e a violenta colonización de África, Soyinka optou por desenvolver os seus escritos en inglés. Caracterízase por mesturar as tradicións africanas co estilo europeo, utiliza tradicións e mitos africanos e nárraos utilizando formas occidentais. Sempre aproveitou as súas obras para difundir a súa postura social e política, polo cal a súa obra está infestada de simbolismos (algúns sinxelos, outros bastante complexos). Este estilo acedo foi unha das causas do seu arresto en 1967.

Na década de 1960 volve a Nixeria para estudar o teatro africano, e ese mesmo ano funda o grupo teatral "As máscaras de 1960". Os seus traballos nesta época están tinguidos de algo de crítica social, pero polo xeral esta faise nun modo lixeiro e, ás veces, humorístico. En 1964, funda a "Compañía de Teatro Orisun". Tamén ensina teatro e literatura nas universidades de Lagos e Ibadán. Pero en 1967, é arrestado durante a guerra civil de Nixeria por escribir un artigo no que avogaba por un armisticio. Acusado de conspiración, é encerrado por máis de 20 meses e recentemente a fins de 1969 é liberado.

Xa na década de 1970, liberado da prisión, a súa obra tórnase máis escura e crítica. Ataca ao sistema e nelas reflíctese o sufrimento do autor e do pobo nixeriano.

En 1986, outórganlle o Premio Nobel de Literatura. É o primeiro escritor africano que o recibe.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Memorias[editar | editar a fonte]

Coleccións de poesía[editar | editar a fonte]

  • 1967: Idanre and Other Poems
  • 1969: Poems from Prison
  • 1971: A Shuttle in the Crypt
  • 1976: Ogun Abibiman
  • 1988: Mandela's Earth and other poems
  • 1999: Outsiders
  • 2002: Samarkand and Other Markets I have known

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • Neo-Tarzanism: The Poetics of Pseudo-Transition
  • Art, Dialogue, and Outrage: Essays on Literature and Culture
  • Myth, Literature and the African World
  • "From Drama and the African World View"
  • "Telephone Conversation"

Películas[editar | editar a fonte]

  • Culture in Transition
  • Blues For a Prodigal

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]