Columbia Records
| Columbia Records | |
|---|---|
| Compañía nai | Sony Music Entertainment |
| Fundado en | 1888 |
| Fundador | |
| Estado | |
| Distribuidoras | Columbia/Epic Label Group |
| Xénero(s) | varios |
| País de orixe | Estados Unidos |
| Localización | |
| Web oficial | http://www.columbiarecords.com/ |
Columbia Records é un selo discográfico estadounidense, pertencente a Sony Music Entertainment, e operado como parte do Columbia/Epic Label Group. Fundouse en 1888, evoluíndo dunha empresa anterior, a American Graphophone Company (sucesora da Volta Graphophone Company). Columbia é a marca máis antiga de son pre-gravado, sendo a primeira compañía discográfica en producir discos pre-gravados en oposición aos cilindros. Columbia Records pasou a editar discos dunha serie de destacados vocalistas, instrumentistas e grupos. dende 1961 ata 1990, as súas gravacións editáronse fóra dos Estados Unidos e Canadá polo selo CBS Records, antes adoptar o nome de Columbia na meirande parte do mundo.
Ata 1989, Columbia Records non tivo conexión con Columbia Pictures, que utilizou varios nomes para as discográficas da súa propiedade, como Colpix e posteriormente Arista. Columbia Pictures é agora un selo irmán de Columbia Records xa que ambos están conectados a través da Sony Corporation of America.
Índice |
Selos afiliados [editar]
American Recording Company (ARC) [editar]
En febreiro de 1979 Maurice White, membro fundador do grupo de R&B Earth, Wind and Fire, re-lanzou American Recording Company (ARC). Columbia Records encargouse da distribución dos artistas do selo, entre os que estaban o exitoso cantante de R&B e pop singer Deniece Williams, a banda de jazz-fusion Weather Report e o trío de R&B the Emotions. O último lanzamento da discográfica ocorreu en 1982.
Columbia Label Group (UK) [editar]
En xaneiro do 2006 Sony BMG UK separou as súas principais operacións en dous selos distintos. RCA Label Group, dedicado principalmente ao pop e o R&B, e Columbia Label Group, dedicado a rock, dance e música alternativa.
Aware Records [editar]
En 1997 Columbia afiliouse co selo Aware Records, que promocionaba a artistas sen discográfica previa, para distribuír a súa música. Grazas a esta unión Columbia fíxose con artistas que conseguirían un éxito notable. No ano 2002 Columbia aceptou manter esa relación con Aware.
Columbia Nashville [editar]
No ano 2007 Columbia creou Columbia Nashville como parte de Sony Music Nashville. Isto deulle a a Columbia Nashville total autonomía e unha xestión por separado da Columbia Records.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina do selo (en inglés)