Shmuel Yosef Agnon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
Shmuel Yosef Agnon
Shmuel Yosef Agnon
Shmuel Yosef Agnon
Nacemento: 17 de xullo de 1888
Buczacz, Galitsia Ucraína Ucraína
Falecemento: 17 de febreiro de 1970
Xerusalén Flag of Israel.svg Israel
Lingua: hebreo, yiddish
Xénero(s): poesía e novela

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Galitsia (Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

Traxectoria[editar]

Nado, co nome de Shmuel Yosef Czaczkes, na Galitsia austríaca (agora en Ucraína), educado polo seu pai, un comerciante de peles seguidor do hasidismo, cando tiña 8 anos comezou a escribir en hebreo e yiddish. Aos 15 anos escribiu a súa primeira obra creativa, un poema en yiddish verbo dun cabalista, e continou a editar poemas e historias en hebreo e yiddish, ata un total de 70 pezas ata que en 1908 emigrou a Jaffa (Palestina), influído polo movemento sionista. Na súa primeira obra publicada en Palestina (Agunot) empregou o acume de Agnon, que se converteu no seu nome literario, e en 1924 o seu apelido oficial.

En 1913 trasládase a Alemaña, en 1924 o lume queima a súa casa, destruíndo todos os seus manuscritos, nese mesmo ano retorna a Xerusalén, pero en 1929 a súa biblioteca foi destruída de novo nunha revolta árabe.

A publicación de Hakhnasat Kalah (O enxoval da noiva) (1931), novela épica na que describe a Galitzia xudía de comezos do XIX, fixo de Agnon unha figura central da literatura hebrea. As súas obras representan a fusión da ironía, relato relixioso, experimentalismo e surrealismo, e a lingua empregada representa un compromiso entre o hebreo bíblico e o neohebreo.

Obras[editar]

  • Agunot (Esposas abandonadas), 1908.
  • Sippure Ahawin, 1925.
  • Hakhnasath Kallah (O enxoval da noiva), 1931.
  • Nidach, 1931.
  • Sipur Pashut (Unha simple historia) 1935.
  • Ore'ah Nata Lalun (Un convidado para a noite), 1939.
  • Yamim Nora'im (Días de temor) 1938.
  • Sefer, sofer, vesipur, 1938.
  • Shevu'at Emunium, 1943.
  • Temol Shilshom (Antonte), 1945.
  • Sefer Hamaasim, 1951.
  • Chemdat, 1952.