Bjørnstjerne Bjørnson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bjørnstjerne Martinus Bjørnson (n. Kvikne, 8 de decembro de 1832 - † París, 26 de abril de 1910) foi un escritor noruegués que recibiu el premio Nobel de Literatura en 1903. Durante a súa mocidade estudou na Universidade de Cristianía.
[editar] Obra literaria
Novela As súas novelas primixenias, como Synnove Solbakken (1857), trataban sobre a vida campesiña. Nas súas obras posteriores, entre as cales hai dramas, como Kong Sverre (1858), Sigurd Slembe (triloxía, 1862), En Fallit (1874); comedias, como Nygifte (1865); e narracións, como Magnhild (1877), puido demostrar a vida e costumes do seu país, e os seus temas principais eran de reforma social. Nas súas obras mostrou opinións liberais e democráticas, promulgou o individualismo e a fe na verdade e a natureza.
Poesía Da súa obra poética pódese mencionar Bergliot (poema épico, 1865) e a recompilación de poesías que o erixiu como poeta nacional, Digte og sange (1870), da que se destaca a coñecida Ja, vi elsker dette landet (Si, amamos esta terra), que se converteu no himno nacional noruegués.

