Eddie Vedder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eddie Vedder
Eddie Vedder and Pearl Jam live in Berlin September 2006.jpg
Nome completo Edward Louis Seversen III
Alias
Naceu 23 de decembro de 1964 (47 anos)
Orixe Evanston, Illinois Flag of the United States.svg
Morreu
Ocupación (s)
Xénero grunge
Instrumento(s) voz, guitarra, harmónica, ukelele, acordeón, batería, baixo
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con Pearl Jam, Bad Radio, Temple of the Dog, Hovercraft
Tempo en activo 1986 - actualidade
Web

Eddie Vedder (nado como Edward Louis Seversen III o 23 de decembro de 1964) é un cantante e compositor estadounidense que na actualidade traballa como vocalista e un dos tres guitarristas da banda de rock alternativo Pearl Jam. Vedder deixou a escena musical do sur de California para mudarse a Seattle, Washington en 1990 e unirse a Pearl Jam onde saltou á fama no medio do movemento grunge.

[editar] Biografía

[editar] Infancia e mocidade

Eddie naceu en Evanston, Illinois, ás aforas de Chicago. Tivo unha infancia difícil. Despois de que os seus pais se divorciasen en 1965, cando só tiña un ano, a súa nai casou cun home chamado Peter Mueller, polo cal pasaría a adoptar ese apelido, e anos máis tarde, e despois dun novo divorcio o seu nome voltaría cambiar quedándose no definitivo Eddie Vedder.

A mediados dos anos 70, a familia, incluíndo os seus tres irmanastros pequenos, mudouse ao condado de San Diego, en California. Foi nese momento no que Eddie, que recibira unha guitarra da súa nai polo seu 12º aniversario, comezou a amosar interese pola música. A súa nai e Mueller divorciáronse nos seus últimos anos de adolescencia. A nai e os irmáns volveron a mudarse á area de Chicago, pero Eddie quedou co seu padrastro en California porque non quería cambiar de instituto.

Non foi ata despois do divorcio cando Vedder soubo que Mueller non era o seu pai. Eddie coñecera ao seu pai biolóxico brevemente cando era un neno, pero pensaba que Sverson era un amigo dos seus pais. Ao mesmo tempo enterouse de que Svenson morrera de esclerose múltiple. A relación de Vedder co seu padrastro, que non era moi boa, fíxose máis distante. El eventualmente deixou o San Dieguito High School e uníuse ao resto da súa familia en Chicago. Tamén cambiou o seu nome a Eddie Vedder, o apelido de solteira da súa nai.

En 1984 Vedder regresou a San Diego coa súa moza, Beth Liebling. Alí mantívose ocupado gravando demos na súa casa e traballando en varias cousas, incluíndo empregado nocturno nunha gasolineira ou garda de seguridade no hotel La Valencia en La Jolla. Vedder pasou por varias bandas da zona de San Diego, como Surf and Destroy e The Butts. Nun destos grupos, chamado Indian Style, tamén estaba o futuro membro de Rage Against the Machine e Audioslave Brad Wilk. En 1988, Vedder converteuse no vocalista da banda de funk progresivo Bad Radio. A música da encarnación orixinal do grupo estaba influenciada por Duran Duran; porén, despois de que Vedder se unise a Bad Radio, a banda comezou a facer rock alternativo, influenciado por Red Hot Chili Peppers.

[editar] Temple of the Dog

Despois de deixar Bad Radio, Vedder estivo sen banda e durante o resto de 1990 traballou polas noites nunha gasolineira. Na escena musical do Sur de California coñeceu ao antigo baterista dos Red Hot Chili Peppers Jack Irons, do que se fixo amigo e co que adoitaba xogar ao baloncesto. Posteriormente, ese mesmo ano, Irons deulle unha cinta demo dunha banda de Seattle, Washington, que estaba buscando cantante. Vedder escribiu letras para tres das cancións, gravou as súas voces e enviouna de volta a Seattle. Os tres temas acabarían por converterse nos temas de Pearl Jam "Alive", "Once" e "Footsteps".

Despois de escoitar a cinta coas voces de Vedder, os antigos membros de Mother Love Bone Stone Gossard e Jeff Ament convidárono a ir a Seattle para realizar unha audición para o seu novo grupo, e quedaron impresionados pola súa voz. Nese tempo, Gossard e Ament estaban traballando no proxecto Temple of the Dog creado polo líder de Soundgarden Chris Cornell, como tributo ao desaparecido Andrew Wood, vocalista de Mother Love Bone que morrera dunha sobredose de heroína aos 24 anos. Tamén formaban parte do proxecto Matt Cameron, baterista de Soundgarden, e o guitarrista Mike McCready. O tema "Hunger Strike" converteuse nun dueto entre Cornell e Vedder, e este último faría tamén coros noutros temas que aparecerían no álbum Temple of the Dog, editado en abril de 1991.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas