Giosuè Carducci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giosuè Carducci

Giosuè Carducci, nado en Valdicastello, na Toscana, o 27 de xullo de 1835 e finado en Boloña o 16 de febreiro de 1907, foi un poeta italiano. Foille concedido o premio Nobel de Literatura en 1906.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo dun médico rural. Pasou a súa infancia na rexión de Maremma antes de trasladarse a Pisa en 1853, onde estudou Filosofía e Letras na Universidade. Logo de exercer de profesor en diferentes centros docentes, de 1860 a 1904 foi profesor de literatura italiana na universidade de Bolonia, cátedra que mantivo durante 42 anos.

Oposto ao papado, á monarquía e ao sentimentalismo que dominaban a literatura italiana do seu tempo, foi o primeiro poeta que adaptou con éxito os metros clásicos latinos á poesía italiana moderna. En toda a súa obra son notorias a afirmación da súa personalidade, a súa rebeldía e incorformismo -sobre todo na súa época xuvenil- e o seu anticlericalismo militante.

A súa primeira colección de versos foi Juvenilia (1856-1860), á que seguirían Levia Gravia (1861-1871), Giambi ed epodi (1867-[[1879]), Rime nuove (1871), Odi barbare (1877-1889), Rime e ritmi (1890-1897), Intermezzo (1874-1886), La canzone dei Legnano (1879), Ça ira (1883) e Primizie e reliquie, publicada póstumamente en 1928.