Erik Axel Karlfeldt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erik Axel Karlfeldt
Erik Axel Karlfeldt
Erik Axel Karlfeldt en 1931
Nacemento: 20 de xullo de 1864
Karlbo
Falecemento: 8 de abril de 1931
Estocolmo
Lingua: Sueco
Xénero(s): Poesía
Nota(s): Nobel prize medal.svgPremio Nobel de Literatura (1931)

Erik Axel Karlfeldt, nado en Karlbo o 20 de xullo de 1864, finado en Estocolmo o 8 de abril de 1931, é un poeta sueco.

Índice

Biografía [editar]

Nacido no seo dunha familia de mineiros, estudou na Universidade de Uppsala e, máis tarde, deu clases nunha escola de Djursholm, suburbio de Estocolmo, e nunha escola para adultos. Traballou para a Biblioteca Real de Suecia, en Estocolmo.

En 1904, Karlfeldt foi escolleito membro da Academia Sueca, ocupando a cadeira número 11. En 1905 foi elixido membro do Instituto Nobel da Academia e, en 1907, do Comité Nobel. En 1912 foi escollido para secretario permanente da Academia, posto que mantivo até a morte.

A Universidade de Uppsala, alma mater de Karlfeldt, galardoouno co título de Doctor honoris causa en 1917. En 1931 foi galardoado co premio Nobel de Literatura, honra que rexeitara en 1918.[1]

Como poeta, acadou desde o principio gran popularidade, figurando hoxe en día como un dos máis poetas suecos máis importantes, dotado cun gran sentido do humor e da fantasía, como se reflicte en Fridolins visor (Baladas de Fridolín, 1898), en Fridolins lustgård (O xardín de Fridolín, 1901), Flora och Pomona (1906) e Flora och Bellona (1918). A natureza e a vida no campo acostuman ser os temas principais das súas obras.

Obras [editar]

  • Vildmarks- och kärleksvisor (1895)
  • Fridolins visor och andra dikter (1898)
  • Fridolins lustgård och Dalmålningar på rim (1901)
  • Flora och Pomona (1906)
  • Flora och Bellona (1918)
  • Hösthorn (1927)

Notas [editar]

  1. Karlfeldtsamfundet. Consultado o 12 de xaneiro de 2012. (en sueco)

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Predecesor:
Clas Theodor Odhner
Membro electo da Academia Sueca,
Asento N° 11

1904-1931
Sucesor:
Torsten Fogelqvist