Sigrid Undset
|
|
|
|---|---|
| Sigrid Undset | |
| Nacemento: | 20 de maio de 1882 Kalundborg |
| Falecemento: | 10 de xuño de 1949 Lillehammer |
| Lingua: | Norueguesa |
| Xénero(s): | Novela |
| Cónxuxe(s): | Anders Castus Svarstad |
Sigrid Undset, nada en Kalundborg, Dinamarca o 20 de maio de 1882, e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi una escritora norueguesa.
Índice |
Biografía [editar]
Filla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en Dinamarca, pero a súa familia trasladouse a Noruega cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en Oslo, pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos.
As súas primeiras novelas foron Fru Marta Oulie (1907), Jenny (1911) e Vaaren (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «amor libre». Incrementou e consolidou a súa fama con De kloge jomfruer (1918) e o ensaio Et kvindesynspunk (1919).
As súas obras máis coñecidas son Kristin Lavransdatter (1920-1922) e Olav Audunssön (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino.
Converteuse ao catolicismo en 1924, experiencia que narrou en Gymnadenia (1929) e en Den brændende busk (1930). Profesou na Terceira Orde da Penitencia de Predicadores como Dominica seglar. En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, a causa da súa oposición á Alemaña nazi e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da II Guerra Mundial.
Outras obras que cabe destacar son as novelas Den trofaste hustru (1936) e Madame Dorothea (1939), a súa autobiografía, Elleve aar (1934) e a súa famosa biografía sobre Catarina de Siena (1951).
Foi galardoada en 1928 co premio Nobel de Literatura.
Obra publicada [editar]
|
|
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|||||||||||||||||||