Woody Guthrie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Woody Guthrie en 1943 coa súa guitarra, que leva escrito "Esta máquina mata fascistas".

Woodrow Wilson Guthrie, nado en Okemah, Oklahoma, o 14 de xullo de 1912 e finado en Queens, Nova York, o 3 de outubro de 1967, foi un cantante de folk norteamericano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Identificado co home corrente, cos pobres e oprimidos en xeral, contrario ó fascismo e ós políticos en xeral e á explotación económica. A súa canción máis coñecida é "This Land Is Your Land". Pai da música country moderna, o músico Arlo Guthrie é seu fillo.

Letrista e compositor prolífico, escribiu máis de 1.000 cancións, percorreu os Estados Unidos en tren actuando en centos de lugares, aínda que nunca cantou para audiencias superiores ás 1.000 persoas pero si deixou unha fonda pegada na América rural e en cantautores posteriores como Bob Dylan.