Luis García Berlanga
Luis García-Berlanga Martí, nado en Valencia o 12 de xuño de 1921 e finado en Pozuelo de Alarcón (Madrid) o 13 de novembro de 2010[1][2], é un director e guionista de cine español.
Índice |
Traxectoria[editar]
De mozo, decidiu estudar Dereito e Filosofía e Letras pero a súa verdadeira vocación conduciuno a ingresar no Instituto de Investigacións e Experiencias cinematográficas de Madrid en 1947. Durante a súa xuventude uniuse á División Azul para evitar represións políticas polo cargo que o seu pai desenvolvera durante a República (foi gobernador de Valencia).
Debutou como director en 1951 coa película Esa pareja feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a este, considéraselle un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos inesquecibles da historia do cine español coma Bienvenido, Mister Marshall ou El verdugo. Traballou en sete ocasións co guionista Rafael Azcona.
O seu cine caracterízase pola súa retranca e as súas sátiras de diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época e levar a cabo proxectos tan atrevidos coma Los Jueves Milagro.
En 1986 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes e en 1993 o Goya ó mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nominada para o Oscar á mellor película estranxeira en 1961. Recibiu a Medalla de Ouro das Belas Artes en 1981, o Premio Nacional de Cinematografía en 1980 e a orde italiana de Commendatore.
Obtivo premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (Cannes, Venecia, Montreal, Berlín...). No Festival de Karlovy Vary foi elixido coma un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Ademais, posúe un incontable número de recoñecementos nacionais.
Foi pai de Carlos Berlanga, músico, compositor e importante precursor da movida madrileña e da musica pop ds anos 80, falecido en 2002 a causa dun cancro.
Filmografía[editar]
- Esa pareja feliz (1952). Con Juan Antonio Bardem.
- Bienvenido, Mister Marshall (1953).
- Novio a la vista (1954).
- Calabuch (1956).
- Los jueves, milagro (1957).
- Plácido (1961).
- Las cuatro verdades ("Les quatre vérités", 1962). Con René Clair e Alessandro Blasetti.
- El verdugo (1963).
- Las pirañas (La boutique, 1967).
- ¡Vivan los novios! (1969).
- Tamaño natural ("Grandeur nature", 1974).
- La escopeta nacional (1977).
- Patrimonio nacional (1981).
- Nacional III (1982).
- La vaquilla (1985) (Con Verónica B. e Darío de la Casca).
- Moros y cristianos (1987).
- Todos a la cárcel (1993).
- Blasco Ibáñez, la novela de su vida (para televisión, 1993).
- París-Tombuctú (1999).
- El sueño de la maestra (2002).
Nominacións e Premios[editar]
Premios Goya[editar]
| Ano | Categoria | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1994 | Película | Todos a la cárcel | Gañadora |
| 1994 | Director | Todos a la cárcel | Gañador |
| 1994 | Guión original | Todos a la càrcel | Candidato |
| 1988 | Guión orixinal | Moros y cristianos | Candidato |
Festival de Cannes[editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1981 | Palma de Ouro | Patrimonio Nacional | Candidata |
| 1970 | Palma de Ouro | ¡Vivan los novios! | Candidata |
| 1962 | Palma de Ouro | Pácido | Candidata |
| 1962 | Palma de Ouro | Bienvenido, Mister Marshall | Candidata |
| 1962 | Guión | Bienvenido, Mister Marshall | Gañadora |
Festival de Venècia[editar]
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1963 | León de Ouro | El verdugo | Candidata |
| 1963 | FIPRESCI | El verdugo | Gañadora |
| 1956 | León de Ouro | Calabuch | Candidata |
Notas[editar]
- ↑ O cineasta Luís García Berlanga morre en Madrid aos 89 anos, nova en Radiofusion.
- ↑ Luis García Berlanga fallece a los 89 años, Pozuelo Hoy.
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Franco, Jesús: Bienvenido Mister Cagada, Aguilar, Madrid, 2005. ISBN 84-03-09580-5.
Ligazóns externas[editar]
- Biografía (en castelán)
- Ficha en IMDb (en castelán)