Estocolmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°19′46″N 18°4′7″E / 59.32944°N 18.06861°E / 59.32944; 18.06861

Estocolmo
Stockholm (en sueco)
Stockholms län vapenflagga.svg Stockholm vapen bra.svg
Stockholm Montage.png
Situación xeográfica
Estocolmo en Suecia
Estocolmo
Estocolmo
País Flag of Sweden.svg Suecia
Condado Estocolmo
Concello Estocolmo
Xeografía
Altitude msnm
Superficie 188 km²
Poboación
Poboación 792.593 hab. (2007)
Densidade 4.216 hab./km²
Información
Código postal 100 00-200 00
Alcalde Sten Nordin (Moderata samlingspartiet)
Páxina web www.stockholm.se Páxina Oficial
Vista da cidade vella de Estocolmo.

Estocolmo (en lingua sueca sv-Stockholm.ogg Stockholm ) é a capital e a cidade máis grande de Suecia. A cidade de Estocolmo é administrativamente unha municipalidade do Condado de Estocolmo , cunha poboación de 792 593 habitantes (1 942 233 na súa área metropolitana, sobre o 20% da poboación de Suecia). Estocolmo é a cidade máis grande dos Países nórdicos

Estocolmo está formada por 14 illas e illotes, unidos por medio de 53 pontes. O municipio está dividido dende 1998 en 18 distritos, que ten a responsabilidade das escolas primarias, asistencia social o os medios culturais locais. O actual alcalde de Estocolmo é Sten Nordin (dende 2008), do Partido Moderado.

Como capital do estado, Estocolmo é a sede do goberno e o parlamento suecos e tamén da residencia do xefe do Estado, o rei Carlos XVI Gustavo, o Palacio Real de Estocolmo, como do Primeiro Ministro, a Casa de Sager.

Estocolmo é o centro histórico de Suecia dende o século XIII, grazas a súa localización, na costa leste sueca, no centro sur, cun arquipélago do Mar Báltico en fronte e o lago Mälaren ás costas.

Está considerada como unha cidade global[1]. É unha das cidades máis visitadas do Países nórdicos, darredor dun millón de visitantes tivo no 2006[2].

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Stockholm provén de dous nomes; a primeira parte, stock, significa literalmente tronco de madeira, que pode estar relacionado cunha verba do antigo alemán (Stock), que significa fortificación; a segunda parte, holm, significa illote, referíndose a Helgeandsholmen, na zona central de Estocolmo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Fotografía aérea da cidade mostrando as illas que forman Estocolmo.

Estocolmo fica na parte da costa oriental da Suecia. Está situado nun arquipélago de catorce illas e illotes, unidos por 53 pontes, na rexión onde o lago Mälaren encontra o mar Báltico. A fisiografía da cidade é moi homoxénea, sendo que predominan as planicies, chegando no máximo a 200 m de altitude nalgúns puntos. Cerca do 30% da cidade está cuberta de canais e outro 30% está ocupado por parques e zonas verdes, proporcionándolle á cidade un clima máis favorábel do que se debería esperar, principalmente debido á elevada latitude no contexto europeo.

Clima[editar | editar a fonte]

Lilla Blecktornsparken, un dos moitos parques urbanos da cidade.

A cidade de Estocolmo ten un clima continental. Debido á latitude da capital sueca, o clima debería ser máis frío, mais no entanto é ameno, talvez debido aos moitos espazos verdes existentes na cidade. A duración do día varia entre 18 horas, no verán, e 6 horas, no inverno, sendo que a cidade desfruta de 1981 horas de sol anualmente [3]

Os veráns son agradábeis coa temperatura máxima a variar entre os 20 e os 23 °C e a mínima é darredor de 15 °C. Os invernos son fríos con temperaturas que rondan os 0 °C. A precipitación anual é de 539 mm, sendo a media de días húmidos por ano de 164. Durante os meses de decembro a marzo ocorren normalmente nevaradas que cobren a cidade durante varias semanas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os comezos de Estocolmo[editar | editar a fonte]

A primeira mención da cidade de Estocolmo data de 1252. A cidade reducíase entón á pequena illa chamada Gamla Stan. Foi fundada por Birger Jarl, co obxectivo de protexer a Suecia das invasións de flotas estranxeiras e para poder pór fin aos asaltos dos cales eran vítimas cidades como Sigtuna, situada sobre o lago Mälaren. O primeiro edificio construído foi un forte que controlaba o tránsito marítimo entre o mar Báltico e o lago Mälaren.

Baixo a influencia de Magnus Ladulás, Estocolmo prospera grazas ás súas relacións comerciais con Lübeck. Forma entón parte da Liga Hanseática. En 1270, Estocolmo descríbese en documentos como unha gran cidade, e en 1289 é xa a maior cidade de Suecia, aínda que a súa primeira estimación fiábel da poboación remóntase ao século XV, cando contaba cuns cinco ou seis mil habitantes.

Durante a segunda metade do século XIV a cidade viuse presa pola peste negra.

A Unión de Kalmar[editar | editar a fonte]

Cristián I de Dinamarca

Non é até finais de 1419 que Estocolmo se proclama capital de Suecia. A súa posición estratéxica, así como o seu peso económico, convértena nunha praza importante nas relacións entre os reinos daneses da Unión de Kalmar e o movemento de independencia sueco durante o século XV. Houbo numerosas batallas, sobre todo a batalla de Brunkeberg gañada en 1471 por Sten Sture o Vello contra o rei de Dinamarca Cristián I. O Baño de sangue de Estocolmo, que ocorreu en 1520, ordenado por Cristián II de Dinamarca, supuxo a fin da Unión de Kalmar.

O período Vasa[editar | editar a fonte]

En 1521, Gustavo Vasa chega a Estocolmo e marca o comezo duna nova era para Suecia. Estocolmo crece e esténdese máis alá de Stadsholmen sobre Södermalm e Norrmalm. En 1600, conta cuns doce mil habitantes.

1600-1800[editar | editar a fonte]

O Parlamento de Suecia (Riksdag) en Helgeandsholmen.

No século XVII Estocolmo é xa unha cidade europea de envergadura. Entre 1610 e 1680 a súa poboación multiplícase por seis. Ladugårdslandet, actualmente chamado Östermalm, así como a illa de Kungsholmen, pasan a forma parte da cidade por aquel momento.

En 1628, durante o reinado de Gustavo II Adolfo, o navío de guerra Vasa afundiuse no arquipélago de Estocolmo. O mesmo ano son instauradas as regras que dan a Estocolmo un monopolio sobre os intercambios entre os negociantes estranxeiros e os territorios escandinavos. Nesta época constrúense castelos e pazos para os nobres, entre os cales se encontran a Casa da Nobreza (Riddarhuset) e no século XVIII o pazo real.

Despois da Gran Guerra do Norte, que destruíu parcialmente a cidade, o crecemento de Estocolmo empeza a declinar. Conserva o seu papel de capital política de Suecia, e baixo o reinado de Gustavo III de Suecia afirma a súa superioridade cultural. A Ópera Real é un bo exemplo da arquitectura desta época.

1800-1900[editar | editar a fonte]

A principios do século XIX, Estocolmo perde cada vez máis a súa influencia económica. Norrköping é entón a principal cidade industrial do país, e Gotemburgo un porto ineludíbel grazas a súa localización sobre o mar do Norte.

Na segunda parte do século, Estocolmo consegue recuperar o seu papel de líder no aspecto económico coa aparición das novas industrias, e convértese nun centro importante do comercio e dos servizos, así como a principal porta de entrada de Suecia.

A súa poboación creceu logo de xeito moi rápido grazas a inmigración. No final do século, só o 40% dos habitantes da cidade naceran alí. A consecuencia disto empezan a medrar novos barrios máis aló dos límites de Estocolmo, no campo e sobre as costas. Nesta época tamén aumenta a importancia da educación e a cultura, coa apertura de numerosas universidades, como o Instituto Karolinska.

Século XX[editar | editar a fonte]

Konserthuset ("A casa de concertos") na praza de abastos de Hötorget, no barrio de Norrmalm.

Durante o século XX, Estocolmo rehabilitou unha gran parte do seu centro, que tiña rúas estreitas problemáticas a medida que a circulación automobilística aumentaba. As autoridades municipais prohibiron aquí a renovación dos edificios, sobre todo os que comprenden a zona próxima á Estación Central, de Hötorget a Sergels torg, durante a primeira metade do século. De 1945 a 1967 a zona é demolida e despois reconstruída, con amplos paseos de viandantes, así como edificios de oficinas ou vivendas de alturas elevadas. O Metro de Estocolmo constrúese a partir de 1950.

Na fin do século, Estocolmo é unha cidade moderna, cosmopolita e moi avanzada no ámbito tecnolóxico, onde o distrito de Kista se converteu nun importante centro para as novas tecnoloxías. En 2010 foi elixida Capital Verde Europea (European Green Capital).

O nome da cidade noutras linguas[editar | editar a fonte]

  • Stockholm en sueco (onde o 'h' é mudo neste caso)
  • Holmia en latín
  • Tukholma en finés
  • Stoccolma en italiano
  • Sztokholm en polaco
  • Stokgolm (Стокгольм) en ruso
  • Sutokkuhorumu (ストックホルム) en xaponés
  • Sídégēěrmó (斯德哥尔摩) en chino
  • En francés, inglés e alemán o nome da cidade escríbese igual que en sueco, aínda que a pronuncia difire.

Personaxes egrexios[editar | editar a fonte]

Todos os personaxes a continuación naceron en Estocolmo:

Casa do Concello dende o lago Mälaren
Stockholm-Altstadt-(gamla-stan).jpg

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estocolmo
Predecesor:
Grecia Tesalónica
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura

1998
Sucesor:
Alemaña Weimar