Santiago Calatrava
Santiago Calatrava Valls, nado en Valencia o 28 de xullo de 1951, é un arquitecto español recoñecido e premiado internacionalmente cuxa oficina se atopa na cidade de Zúric, Suíza.
Índice |
Traxectoria [editar]
Santiago Calatrava naceu en 1951 no barrio de Benimamet de Valencia. As familias de seus pais, por ámbolos dous lados, adicábanse á exportación de cítricos, o cal lle permitiu coñecer outros países de Europa.
Etapa académica [editar]
Á idade de oito anos, Santiago Calatrava ingresou nunha escola de arte para aprender debuxo e pintura, actividade que compaxinaba cos seus estudos escolares. Ós 13 anos a sía familia enviouno a París a través dun programa de intercambio estudantil. De volta a Valencia, rematou os seus estudos escolares e matriculouse na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Valencia, onde se graduou como arquitecto e onde realizou un curso de post-graduado en urbanismo. A continuación, Calatrava, que se interesaba polas grandes obras dos mestres clásicos e que desexaba amplia-la súa formación, trasladouse en 1975 a Zúric, onde estudou durante catro anos enxeñaría civil no Instituto Federal de Tecnoloxía, no cal se graduó cun doutorado.
No ano 2007 foille concedido o Premio Nacional de Arquitectura[1].
Traballos e proxectos [editar]
Rematada a súa etapa de estudos, traballou como profesor auxiliar no Instituto Federal de Tecnoloxía, onde comezou a aceptar pequenos encargos e a participar tamén en concursos de novos proxectos. En 1983 foille adxudicada a súa primeira obra de certa importancia, a Estación de Ferrocarril de Stadelhofen, situada xunto ao centro de Zúric onde tamén establecera o seu despacho. Ao ano seguinte, Calatrava deseñou a Ponte do 9 de Outubro en Valencia, o que marcou o comezo da construción de numerosas pontes que se lle irían encargando a partir de entón.
En 1989 Calatrava abriu o seu segundo despacho en París, mentres traballaba no proxecto da Estación de Ferrocarril do Aeroporto de Lyon. Dous anos despois creou o seu terceiro despacho, esta vez en Valencia, onde traballaba nun proxecto de grandes dimensións, a Cidade das Artes e das Ciencias. Dende aquela o seu prestixio internacional non parou de medrar.
Estilo [editar]
Na actualidade Calatrava é considerado como un arquitecto especializado en grandes estruturas que se caracteriza por unha extraordinaria estética e harmonía. Contrariamente ao que adoita ser común en moitos arquitectos, que ocultan as estruturas dos seus edificios, Calatrava as converte en elementos esenciais e en obras de arte.
Calatrava recibiu numerosos premios e recoñecementos polo seu traballo entre os que destaca o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 1999. Foi nomeado Doctor Honoris Causa en doce ocasións.
Obras representativas [editar]
- Complexo Deportivo Olímpico (Atenas)
- Cidade das Artes e as Ciencias (Valencia):
-
- L'Hemisfèric (Cinema IMAX e planetario)[1]
- Museo das Ciencias Príncipe Felipe[2]
- L'Umbracle (Paseo cuberto)[3]
- L'Oceanogràfic(O acuario máis grande de Europa)
- Palau de les Arts Reina Sofía (Edificio con tres auditorios para ópera, música e danza)[4]
- El Ágora - en construción
- Torres verticais Alacant, Castelló e València e torre horizontal Mediterráneo. - en papel
- Ponte Lusitania (Mérida)
- Estación de Ferrocarril (Liexa, Bélxica)
- "A Peineta" (Ponte) (Valencia)
- Ponte de Europa (Orleans, Francia)
- Estación de metro "Alameda" (Valencia)
- Estación de Ferrocarril do Aeroporto (Lyon, Francia)
- Museo de Arte (Milwaukee, Wisconsin)
- Puente 9 d´Octubre (Valencia)
- Puente Peatonal Campo Volantín (Zubizuri) (Bilbao)
- Estación de Ferrocarril de Oriente (Lisboa)
- Aeroporto de Bilbao (Bilbao)
- Torre de Telecomunicacións de Montjuïc
- Puente del Alamillo (Sevilla)
- Edificio BCE (Toronto, Canadá)
- Llotja de Sant Jordi - Plaza de España (Alcoy)
- Ponte Bac de Roda (Barcelona)
- Teatro Tabourettli (Basilea, Suíza)
- Estación de Ferrocarril Stadelhofen (Zurich, Suíza)
- Centro Internacional de Ferias e Congresos de Tenerife (Santa Cruz de Tenerife)
- Auditorio de Tenerife (Santa Cruz de Tenerife)
- Ponte da Muller (Bos Aires, Arxentina)
- Tres pontes na comunidade Haarlemmermeer, Países Baixos
- Palacio de Congresos de Oviedo - en construción
- Turning Torso (Malmö, Suecia - inaugurado o 27 de agosto do 2005
- Adegas Ysios (Laguardia, A Rioxa)
- Pabellon Kuwait (Expo'92, Sevilla)
- Ponte atirantado (Xerusalén) - en construción
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina web de Santiago Calatrava
- Biografía e imaxes das súas obras
- Biografía e proxectos
- Páxina web oficial da Cidade das Artes e das Ciencias
- Outra biografía
- Factoría Urbana: Biografía e obras principais
- "Bou" en Palma de Mallorca