Selma Lagerlöf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
REtrato de Selma Lagerlöf por Carl Larsson en 1906

Selma Lagerlöf, nada en Mårbacka, Värmland, o 20 de novembro de 1858 e finada en 1940, foi unha escritora sueca, galardoada co Premio Nobel de Literatura en 1909, sendo a primeira muller en recibilo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era a cuarta filla do tenente Erik Gustaf Lagerlöf e da súa esposa Louise Wallroth. Seus pais pertencían a familias de avoengo no Värmland. Boa parte do que narrou sobre esta rexión sueca tivo a súa orixe nas lendas e contos que escoitaba da súa familia durante a infancia.

Ensinou, como institutriz, na escola feminina Landskrona, entre 1885 e 1895. En 1887 o patrimonio familiar en Mårbacka foi vendido.

En 1891 publicou a Saga de Gösta Berling. Nesta epopea romántica, Lagerlöf deixa estalar a súa imaxinación inxenua e fantástica, que desenvolve nun estilo rítmico e lírico.

O éxito que obtivo con esa obra, e máis tarde con "A marabillosa viaxe de Nils Holgersosn" (1906-1907), permitíronlle realizar un dos seus soños, recomprar o patrimonio familiar, o que conseguiu en 1910.

Foi a primeira muller que recibiu o Premio Nobel de Literatura e tamén a primeira muller escollida para a Academia Sueca en 1914. En 1916, publicou unha novela pacifista: O Exiliado.

Faleceu o 16 de marzo de 1940.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Gösta Berlings saga, novela, 1891.
  • Osynliga länkar, relatos, 1894.
  • Antikrists mirakler, novela, 1897.
  • Drottningar i Kungahälla, relatos, 1899.
  • En herrgårdssägen, novela, 1899.
  • Jerusalem, novela en dúas entregas (1901-1902).
  • Herr Arnes penningar, relatos, 1904.
  • Kristuslegender, 1904.
  • Nils Holgerssons underbara resa genom Sverige, novela, t. 1, 1906 ; t. 2, 1907.
  • En saga om en saga: och andra sagor, 1908.
  • Liljecronas hem, 1911.
  • Körkarlen, novela, 1912.
  • Kejsarn av Portugallien, 1914.
  • Troll och människor, t. 1, 1915 ; t. 2, 1921.
  • Bannlyst, roman, 1918.
  • Zachris Topelius (1920).
  • Mårbacka, 1922.
  • « Trilogie des Löwenskold »: 3 novelas (1925-1928).
    • Löwensköldska ringen, 1925.
    • Charlotte Löwensköld, 1925.
    • Anna Svärd, 1928.
  • Ett barns memoarer, 1930.
  • Dagbok för Selma Ottilia Lovisa Lagerlöf, 1932.
  • Höst : berättelser och tal, 1933.
  • Från skilda tider, t. 1, 1943 et t. 2, 1945.
  • Julklappsboken: och andra berättelser, relatos, 1993.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


]