Alfredo Kraus
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfredo Kraus, nada en Las Palmas de Gran Canaria o 24 de novembro de 1927 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1999, foi un recoñecido tenor e mestre de canto, canario, de nai española e pai austríaco. É considerado un dos grandes tenores líricos lixeiros da segunda metade do século XX. A súa interpretación máis coñecida foi a do personaxe Werther da ópera homónima de Jules Massenet.