William Golding
| Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos, etc, contidos neste artigo, deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
|
|
|
|---|---|
| Golding en 1983 | |
| Nacemento: | 19 de setembro de 1911 Saint Columb Minor, Inglaterra |
| Falecemento: | 19 de xuño de 1993 Perranarworthal, Cornwall |
| Lingua: | Inglesa |
| Xénero(s): | Ficción alegórica, ensaio, teatro |
William Golding, nado en Saint Columb Minor (Cornwall) o 19 de setembro de 1911 e finado en Perranarworthal o 19 de xuño de 1993, foi un escritor británico, Premio Nobel de Literatura en 1983.
Traxectoria [editar]
Naceu no seo dunha familia dedicada á ensinanza (o seu pai) e á actividade sufraxista (a nai), Golding estudou en Oxford e pronto converteuse en profesor. Durante a segunda Guerra Mundial foi comadante dunha lancha torpedeira, desembarcou en Normandía é foi alí onde se desengañou da bondade do ser humano. Tras alcanzar o éxito con Señor das moscas (que foi levada ó cine por Peter Brooks en 1963), Golding comezou a publicar novelas asiduamente. Ademais do Nobel gañou o premio Brooker Mac Connel, o máis importante galardón literario británico.
Obras [editar]
- Señor das moscas (1954)
- Os Heredeiros (1955)
- Martín o naúfrago (1955)
- Caída libre (1959)
- A agulla (1964)
- A pirámide (1967)
- O Deus Escorpión (1971)
- A escuridade visible (1979)
- Ritos de paso (1980)
- Homes de papel (1984)
- A lingua oculta (inacabada)
|
|||||||||||||||||||