Nora Ephron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNora Ephron

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1941 Editar o valor em Wikidata
Upper West Side, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xuño de 2012 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Manhattan, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia mieloide aguda (pt) Traducir e pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
ResidenciaNova York (1962–)
Nova York (1941–)
Beverly Hills Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónWellesley College (pt) Traducir (–1962)
High School de Beverly Hills (pt) Traducir (–1958) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , escritora , dramaturga , blogueira , escritora de contos , humorista , ensaísta , novelista , produtora , reporteira , directora de cinema , xornalista , realizadora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1973 Editar o valor em Wikidata - 2012 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNewsweek
Esquire
New York Post (pt) Traducir
New York Magazine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeNicholas Pileggi (1987–2012)
Carl Bernstein (1976–1980)
Dan Greenburg (1967–1976)
FillosJacob Bernstein (pt) Traducir
 () Carl Bernstein (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHenry Ephron Editar o valor em Wikidata  e Phoebe Ephron Editar o valor em Wikidata
IrmánsDelia Ephron (pt) Traducir, Hallie Ephron (pt) Traducir e Amy Ephron (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001188 Allocine: 16900 Allmovie: p89040 0 IBDB: 101166
Musicbrainz: 678c226c-aaf2-47d0-aae7-5d85bb06bc77 Discogs: 662432 WikiTree: Ephron-1 Find a Grave: 92642430 Editar o valor em Wikidata

Nora Ephron,[1] nada en Nova York o 19 de maio de 1941 e finada na mesma cidade o 26 de xuño de 2012, foi unha xornalista, guionista e cineasta estadounidense. É coñecida polas súas comedias románticas e foi candidata ao Oscar en tres ocasións polos guións orixinais de Silkwood (1983), Cando Harry atopou a Sally (1989) e Algo para recordar (1993). En ocasións escribiu coa súa irmá Delia Ephron. O seu último filme foi Julie & Julia (2009).[2] A súa primeira obra teatral, Imaginary Friends (2002), foi considerada como unha das dez mellores obras da temporada teatral 2002–03 de Nova York.[3] Tamén foi a coautora da produción teatral Love, Loss, and What I Wore.[2][4] En 2013, Ephron recibiu unha candidatura póstuma aos premios Tony á mellor obra por Lucky Guy.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ephron naceu en Nova York, nunha familia xudía. Era a máis vella de catro fillas e creceu en Beverly Hills, California.[6] Os seus pais, Henry e Phoebe (de solteira Wolkind) Ephron, naceran na cosa leste e eran destacados dramaturgos e guionistas. Ephron recibiu o seu nome pola protagonista da obra Casa de bonecas, de Henrik Ibsen.[7] As irmás máis novas de Nora, Delia e Amy, tamén son guionistas. A súa irmá Hallie Ephron é xornalista, crítica literaria e novelista de obras de ficción criminal. Os seus pais basearon a personaxe inxenua da obra logo levada ao cinema Take Her, She's Mine na súa filla Nora, de vinte e dous anos, e nas súas cartas da universidade.[8] Ambos os seus pais caeron no alcoholismo no seus últimos anos.[6] Como estudante de instituto, Nora Ephron soñaba con ira a Nova York e converterse nunha Dorothy Parker, poeta, escritora satírica e crítica.[9] Ephron citou o seu profesor de xornalismo do instituto, Charles Simms, como o inspirador na procura dunha carreira no xornalismo.[7] Ephron graduouse do Beverly Hills High School en 1958, e do Wellesley College de Wellesley, Massachusetts, en 1962 cun grao en ciencias políticas.[10]

She casou tres veces. O seu primeiro matrimonio, co escritor Dan Greenburg, acabou en divorcio despois de nove anos.[6] En 1976, casou co xornalista Carl Bernstein. En 1979, Ephron tivo un fillo, Jacob, e estaba embarazada do seu segundo fillo Max cando descubriu a relación entre Bernstein e a súa amiga mutua[11] Margaret Jay, xornalista británica casada. Ephron inspirouse neste feito para escribir a súa novela de 1983 Heartburn,[12] que foi levada ao cinema en 1986 por Mike Nichols con Jack Nicholson e Meryl Streep. No libro, Ephron escribiu sobre un marido chamado Mark, que era "capaz de ter sexo cunha persiana veneciana".[6] Tamén escribiu que a personaxe Thelma (baseada en Margaret Jay) parecía unha xirafa con "grandes pés".[6] Bernstein ameazou con querelarse contra o libro e o filme, mais nunca o fixo.[8]

Ephron estivo casada durante vinte anos co guionista Nicholas Pileggi, ata a súa propia morte. A parella viviu nos outeiros de Hollywood nos Ánxeles e en Nova York.

O amigo de Ephron Richard Cohen dixo dela, "era moi xudía, cultural e emocionalmente. Identificábase completamente cunha muller xudía".[13] Non obstante, Ephron non era relixiosa. "Nunca podes ter demasiada manteiga... isto é a miña crenza. Se teño unha relixión, é esta",[14] dixo nunha entrevista en NPR sobre o seu filme de 2009 Julie & Julia.[15]

O seu fillo, Jacob Bernstein, dirixiu un filme para HBO sobre a vida da súa nai titulado Everything Is Copy.[16]

Gorxa profunda[editar | editar a fonte]

Durante moitos anos, Ephron foi unha das poucas persoas que coñecía a identidade de Deep Throat ("Gorxa profunda"), o informador anónimo dos artigos escritos polo seu ex marido Carl Bernstein e Bob Woodward descubrindo o escándalo Watergate.[17] Ephron leu as notas de Bernstein, nas que se refería a Deep Throat como "MF";[17] Bernstein afirmou que se refería a "My Friend" ("O meu amigo"), mais Ephron supuxo correctamente que era unha referencia a Mark Felt, antigo director asociado do FBI.[17]

Despois da fin do matrimonio de Ephron e Bernstein, Ephron revelou a identidade de Deep Throat ao seu fillo Jacob e a calquera que llo preguntase. Unha vez dixo, "Eu daría discursos diante de 500 persoas e alguén preguntaría, 'Sabe quen é Deep Throat?' e eu respondería, 'É Mark Felt'."[18][6] Compañeiros de Jacob Bernstein no Dalton School e Vassar College falan de que Jacob revelou a numerosas persoas que Felt era Deep Throat. Esta revelación atraeu pouca atracción dos medios durante o tempo en que a identidade de Deep Throat era un misterio. Ephron dixo que "ninguén, á parte do meu fillo, me cre".[19][20] Ephron foi invitada por Arianna Huffington a escribir sobre a súa experiencia no Huffington Post, en que era blogueira regular e editora a tempo parcial.[17]

Obra[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Como actriz, Nora Ephron aparece en dous filmes dirixidos polo seu amigo Woody Allen. Está acreditada como invitada á voda en Delictos e faltas (1989)[21] e como invitada á festa en Maridos e mulleres (1992).[22]

Ano Título Acreditada como
Directora Guionista Produtora
1983 Silkwood Si Si
1986 Heartburn Si Si
1989 Cando Harry atopou a Sally Si Si Si Si
Cookie Si Si Si Si
1990 My Blue Heaven Si Si Si Si
1991 The Super (sen acreditar)[23] Si Si
1992 This Is My Life Si Si Si Si
1993 Algo para recordar Si Si Si Si
1994 Mixed Nuts Si Si Si Si
1996 Michael Si Si Si Si Si Si
1998 All I Wanna Do Si Si
Tes un correo Si Si Si Si Si Si
2000 Hanging Up Si Si Si Si
Lucky Numbers Si Si Si Si
2005 Enfeitizada Si Si Si Si Si Si
2009 Julie & Julia Si Si Si Si Si Si

Obras de teatro[editar | editar a fonte]

Ano Título Notas Teatro
2002 Imaginary Friends Writer Ethel Barrymore Theatre
2008 Love, Loss, and What I Wore Coautora Westside Theatre
2013 Lucky Guy Autora Broadhurst Theatre

Coleccións de artigos e outras obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Delia Ephron on the Closeness and Complexity of Sisterhood". Fresh Air. NPR. 9 de decembro de 2013. Escena en 1:18–1:44. Consultado o 11 de decembro de 2013.  Interview.
  2. 2,0 2,1 Mcgrath, Charles (26 de xuño de 2012). "Writer and Filmmaker With a Genius for Humor". The New York Times. Consultado o 27 de xuño de 2012. 
  3. The best plays of 2002–2003. Jenkins, Jeffrey Eric. (84th ed.). Nova York: Limelight Editions. 2004. ISBN 0879103035. OCLC 55139647. 
  4. "Ragtime, The Scottsboro Boys, The Addams Family and Finian's Rainbow Top Nominations for 2010 Drama Desk Awards"
  5. Cadenas, Kerensa (2 de maio de 2013). "Nora Ephron, Cyndi Lauper Among Tony Award Nominees" (en inglés). IndieWire. Consultado o 18 de abril de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Hawkins, Ed (4 de marzo de 2007). "Get real – ageing's not all Helen Mirren". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2007. 
  7. 7,0 7,1 Dance, Liz (2015). Everything is Copy. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, Inc. ISBN 978-0-7864-9674-7. 
  8. 8,0 8,1 Brockes, Emma (3 de marzo de 2007). "Everything is copy". The Guardian (Londres). Consultado o 16 de agosto de 2007. 
  9. "Ephron, Nora." Current Biography Yearbook 1990. The H.W. Wilson Company. 1990. páx. 216.
  10. Bergan, Ronald (27 de xuño de 2012). "Nora Ephron obituary". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 22 de marzo de 2017. 
  11. "For the truly vengeful, the pen (or word processor) is mightier than the sword". Cosmopolitan. 1 de xullo de 1996. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2007. Consultado o 17 de agosto de 2007. 
  12. "Baroness Jay's political progress". BBC News. 31 de xullo de 2001. Consultado o 16 de agosto de 2007. 
  13. Glassman, Thea (12 de setembro de 2016). "Richard Cohen and Nora Ephron: The Real-Life Harry and Sally". The Forward (The Forward Organization, Inc.). Consultado o 28 de maio de 2017. 
  14. Orixinal en inglés: "You can never have too much butter – that is my belief. If I have a religion, that's it"
  15. "Nora Ephron On Julie, Julia And Cooking Like A Child". NPR.org. 7 de agosto de 2009. 
  16. "Nora Ephron's son to make documentary about her life". 3 News NZ. 9 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 21 de abril de 2019. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Ephron, Nora (31 de maio de 2005). "Deep Throat and Me: Now It Can Be Told, and Not for the First Time Either". The Huffington Post. Consultado o 19 de decembro de 2008. 
  18. Orixinal en inglés: "I would give speeches to 500 people and someone would say, 'Do you know who Deep Throat is?' And I would say, 'It's Mark Felt'".
  19. Orixinal en inglés: "No one, apart from my sons, believed me".
  20. "Nora Ephron". The Daily Telegraph (Londres). 27 de xuño de 2012. 
  21. IMDb
  22. IMDb
  23. Borrelli, Christopher (27 de setembro de 2011). "'Teen Wolf' director's brutally honest commentary". Chicago Tribune. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  24. Yardley, Jonathan (2 de novembro de 2004). "Nora Ephron's 'Crazy Salad': Still Crisp". The Washington Post. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]