John Maxwell Coetzee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nobel prize medal.svg
John Maxwell Coetzee
John Maxwell Coetzee
Nacemento: 9 de febreiro de 1940
Cidade do Cabo, Sudáfrica
Lingua: inglesa
Xénero(s): novela

John Maxwell Coetzee, nado en Cidade do Cabo en 1940, é un escritor surafricano, gañador do Premio Nobel de Literatura en 2003.

Traxectoria [editar]

Educouse nunha escola católica, estudou matemáticas e inglés na Universidade de Cidade do Cabo, en 1961 trasladouse a Inglaterra, onde traballou como programador de IBM. Oito anos despois realizou o doutorado pola Universidade de Texas e ensinou inglés e literatura na Universidade de Buffalo ata 1971, ano no que se lle nega a residencia pola súa participación nas protestas contra a guerra de Vietnam, polo que volve a Sudáfrica e ensina literatura inglesa na Universidade de Cidade do Cabo. En 2002 trasladouse a Adelaida (Australia) e o 6 de marzo de 2006 concedéuselle a cidadanía australiana.

Obra [editar]

John M. Coetzee en Kraków (Polonia), o 9 de xuño de 2006.