Muddy Waters

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muddy Waters.

McKinley Morganfield, nado en Rolling Fork (Mississippi) o 4 de abril de 1915 e finado en Westmont (Illinois) o 30 de abril de 1983, foi un cantante de blues estadounidense, maís coñecido como Muddy Waters.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Criado pola súa avoa o nome que o fixo famoso semella vir desa época. Waters foi gravado por primeira vez nunha plantación do delta do Mississippi por Alan Lomax para a Biblioteca del Congreso en 1940. Máis tarde, mudouse a Chicago (Illinois).

Salientou polo seu estilo de tocar a guitarra denominado slide. A súa primeira gravación para Chess Records amosaba a Waters en guitarra e vocais, apoiado por un contrabaixo. Logo engadiría percusión e a harmónica de Little Walter para completar a súa clásica formación de blues. Foron célebres as súas xiras polo Reino Unido nos anos 60.

Finou dun fallo cardíaco mentres durmía.

Influencia[editar | editar a fonte]

Muddy Waters influiu en artistas punteiros do rock como Elvis Presley, Chuck Berry, Rolling Stone, Eric Clapton ou Jimi Hendrix. Está considerado o pai do blues de Chicago.

Seus son clásicos como "Got My Mojo Working", "Hoochie Coochie Man", "She's Nineteen Years Old" e "Rolling and Tumbling".

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muddy Waters Modificar a ligazón no Wikidata