Rabindranath Tagore

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Rabindranath Tagore en 1914

Rabindranath Tagore, coñecido tamén co nome de Gurudev, é o nome anglizado de Rabíndranáth Thákhur (रवीन्द्रनाथ ठाकुर) (Calcuta, 6 de maio de 1861 - Santiniketan, Bolpur, 7 de agosto de 1941), un escritor, poeta, dramaturgo e filósofo indio.

[editar] Biografía

Mentres Gandhi, coa desobediencia civil, organizou o nacionalismo indio sen expulsar do país os ingleses, Tagore propuxo conciliar e integrar Oriente e Occidente. Esta obra era abondo difícil, mais estaba preparado polo exemplo do seu avó que en 1928, ao fundar a Unión de crentes en Deus, integrou o monoteísmo cristián e o politeísmo hindú.

Fillo dun santo e rico bramán, estudou no Reino Unido, onde anglizou o proprio apelido (Thakur). Volto coa convicción de que os ingleses saben ben protexer unha India necesitada de protección, dedicouse á administración das súas terras e a toda forma de arte.

Tagore afirmou en toda a súa obra: o propio amor pola natureza e por Deus, as súas aspiracións de fraternidade humana, a propia paixón (mesmo erótica) e a atracción da infancia. Todos estes temas aparecen tanto na súa lírica destinada a canto, que el mesmo musicou e traduciu ao inglés (Oferta de canto, 1913), como nos seus traballos teatrais enriquecidos con intermedios líricos (A vinganza da natureza, 1884), novelas (O naufraxio, 1906), memorias, ensaios e conferencias.

Exerceu unha enorme fascinación no mundo occidental, que o recoñeceu co Premio Nobel de Literatura no ano 1913.

[editar] Santiniketan

En 1901 trasladouse a Santiniketan, poboación situada en Bengala Occidental, onde puxo en funcionamento unha escola experimental, sita en propiedades do seu pai. Esta escola, estabelecida segundo a tradicional estrutura Brahmacharya de estudantes vivindo a carón do seu Gurú nunha comunidade autosuficiente, foi un imán para grupos internacionais de estudantes, artistas, lingüistas e músicos. Tagore dedicou unha prodixiosa enerxía en obter fondos para a escola, utilizando por exemplo o importe concedido no Premio Nobel. Hoxe a institución é coñecida como Universidade Visva Bharati (en bengalí: বিশ্বভারতী: India para o mundo), so control do goberno indio.

[editar] Obra (selección)

En galego:

  • O carteiro do rei. Malini (trad. X. Cuns Lousa) O Castro-Sada: Edic. do Castro. 1976 - ISBN 84 85134 68 0
  • Onde a alma vive sem medo (trad. X.Mª Monterroso Devesa), in Bolet.Centro de Estud. Melidenses, nº 3 (xuño 1985)
  • A Verdade, fundamento do ser, in O Correo da UNESCO (febreiro 1994)
Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre:

Ferramentas persoais