Produción musical

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na industria musical, a produción musical (ou produción discográfica) é o proceso de control das sesións de gravación, de guiar e instruír ás persoas intérpretes, organizar e programar os recursos de gravación e o orzamento, e supervisar a gravación, mestura e masterización das gravacións.

Estas funcións, típicas nas gravacións sonoras desde os seus inicios até a segunda metade do século XX, ampliáronse posteriormente con outras tarefas, como a promoción comercial e empresarial.

O traballo da produción musical pode compararse á da dirección cinematográfica no sentido de que o traballo do produtor musical é o de crear, dar forma e modelar unha gravación de acordo coa súa visión do álbum.